leoeosseus

Thursday, 7 January 2010

O " Bebopurrela "


Cando vou a Arbo paso por este camión de gaseosas abandonado e non podo evitar pensar no camioneiro " Bebopurrela ". Este rapaz traballaba para a Torredocaminho e un día ata falei dun accidente que tivera. Pero diso xa choveu un pouco e a el tamén lle chegou a famosa crise e agora está cun camionciño repartindo bebidas para bares e daí que o lembre eu cando miro este camión. O " Bebopurrela " caiume sempre ben porque é de mente positiva e leda e ten un sorriso imposible de borrar. Os accidentes e as crises non poden co el. Conserva a simpatía e conta historietas e " paridas " con humor. Sempre canta e dálle un xeito pero o máis simpático é que inventa letras e daí que eu lle chame " Bebopurrela ".
E agora vou resolver o misterio da nomeada que lle puxen ligando a canción que el cantaba e titulaba " Bebo purrela ".
Xente así nunca está de máis !.

Labels: ,

7 Comments:

At 08/01/2010, 12:20 , Blogger Moraima said...

Pois si que hai pouca xente así... a todos nos viría ben unha pizquiña de esa positividade nestes tempos!

Apertas

 
At 08/01/2010, 15:56 , Blogger BRABIDO said...

Amigos asi son os que che alegran o dia.

Que non pases frio

 
At 08/01/2010, 16:31 , Blogger busto.agolada said...

Xente coma o Beboporrule non está de máis nin tampouco quen nos lembre estas historias que emanan tenrura e humor.
Moitas apertas e bo ano.

 
At 08/01/2010, 17:58 , Blogger Carlos Sousa said...

Je,je, "Bebo purrela", moi bo. Haiche que ter humor nestes tempos que corren, senón estamos apañados.

Unha aperta, e sorte para este ano

 
At 08/01/2010, 18:28 , Blogger zeltia said...

as cousas como nos levan as persoas. as asociación de ideas son difíciles de desfacer.

cando eu era unha nena soaba moito unha canción de los 3 sudamericanos, que se chamaba cartagenera,
para mín que dician:

cartagenera, morena,
en mi recuerdo, verdura"
se ben é certo que sempre me chocou que meteran a verdura alí que non viña a conto de nada, pero se non sabía o que era "perdurar" tamén vai tí saber qué cousa era iso de "cartagenera"

 
At 08/01/2010, 19:59 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Jajaja, pois mira que a cancionciña esa xa traicionou tamén á rapaza loira esa que se lle foi a pinza cantándoa e lle puxeron a "Poyeya".

(O bebopurrela vai que nin pintado co meu slogan de up the cuiño...)

 
At 09/01/2010, 11:42 , Blogger fonsilleda said...

¡Ben por ese rapaz!. É certo, "xente así nunca está de mais".
Vai moito frio.
Bicos.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home