leoeosseus

Sunday, 31 January 2010

Herba rapuda


Cando eu era un neno viña cos veciños a esta zona onde vivo hoxe. Agora está chea de edificios pero antes era un prado con zona de herbas rapudas como saen na foto de arriba. Viñamos todos e arrincabamos estas prantas e deixabamos o talo limpo para facer frechas con elas. Cunha punta espetada nun extremo e un arame enrolado noutro extremo de contrapeso e unha pluma xa estaba a frecha feita. O arco era unha póla de salgueiro e a corda un sedal de pescar.
Pasaron os anos e aprendín que esa pranta pioneira que nace en terras malas ou queimadas lle chaman herba rapuda por terras de Arbo e onte descubro que tamén existen por EEUU da man dun artista que retrata paisaxes urbanas colonizadas pola natureza: Ives Krief.
Deixo esta mostra pero aquí tés máis.
Nada, que me sigo abraiando do pequeno que é o mundo.



Labels: , , ,

14 Comments:

At 01/02/2010, 09:17 , Blogger Ana said...

Son preciosas,mais quedame a duda si son fotos o pintura (inclinome por esta ultima).O blog esta en frances, e non é o meu forte,jeje

Bicos

 
At 01/02/2010, 12:44 , Blogger An said...

Mira ti por onde, despois de tanto tempo sen pasar por eiqui, vexo con agrado a internacionalidade das nosas malas herbas, esas parecenme infermentos, non os vexo ven. Saúdos e apertas

 
At 01/02/2010, 13:11 , Blogger zeltia said...

pois sí, filliño, se a humanidade se espallou toda polo mundo adiante,
non ían ser as plantas menos!

gustoume moito ler a túa lembranza de cativo facendo frechas

 
At 01/02/2010, 13:44 , Blogger fonsilleda said...

Haina por todas partes o que non me imaxinaba é que tamén en USA.
Tes razón, o mundo é pequeno.

 
At 01/02/2010, 16:11 , Blogger Bolboreteira said...

Que nome teraá alí?
bicos

 
At 01/02/2010, 20:37 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Descoñecía o termo de rapuda; pero dende logo está claro que as malas herbas (e as silvas) medran sen que as podes, as regues nin precisan de coidado ningún. E por riba parece que tamén a elas lles chegou o da globalización...

 
At 01/02/2010, 20:37 , Anonymous brabido said...

Igual viu da la pa ca.

 
At 01/02/2010, 22:31 , Blogger Merce said...

Vaia, non sabia como se chamaban, nada mais sei que as malas herbas nacen onde menos o desexas, e dan traballo para arrancalas...

Que curiosidade!!

Bicos

 
At 01/02/2010, 22:51 , Blogger abueloscrisytoño said...

Herba rapuda
De modo que esta herba esta por todo o mundo xa quixese eu o segredo para poder viaxar tanto aínda que teño algunhas sospeitas. Os paxaros quizas?
Saudos A.Cris

 
At 02/02/2010, 00:21 , Blogger xenevra said...

Cando eu era pequena fronte da miña casa había un monte, un marabilloso monte onde xogabamos. Sóubenme maior cando lle puxeron iso de parque (parque de santa Margarida) e non volvín xogar alí. Tamén descubrín que os eucaliptos que alí había viñeran dende moi lonxe, e deixei de amalos. Co tempo todo volveu ao seu lugar, aínda que teño unha relación curiosa con certas árbores.

 
At 02/02/2010, 21:57 , Anonymous aopedofarelo said...

Pois mira ti,o que veño de aprender...Eu non sabia que esta herba llamabase rabuda, e moito menos o do artista urbanita, Americano, por certo que me recordou a URculo, e gustei del...
Apertas.

 
At 07/02/2010, 21:47 , Blogger paideleo said...

Ana: a que si ?. Creo que é unha mistura de ambas artes. O francén tampouco é o meu pero adícome a mirar os santos e xa está.

An: extrañoume a min tamén.
O nome de infermentos pode ser que sexa. Eu non sei doutra denominación.

zeltia: e cantas veces van da man do home !.
O das frechas era tal como cho conto. Esa herba ten un talo recto e unha longura axeitados.

fonsilleda: eu tamén me sorprendín pero de cada vez miro eu que as distancias se acurtan máis e máis.

Bolboreteira: good question. A saber...

Chousa da Alcandra: chámanse malas herbas pero son as herbas que nacerían precisamente se nós non cultivasemos outras.

brabido: ou noutro sentido. Quen sabe ?.

Merce: eu aprendino hai poucos anos atrás. De pequeno eran herbas das frechas para min, por razóns obvias.

abueloscrisytoño: eu sospeitaría máis dos outros paxaros sen plumas.

xenevra: cando somos pequenos non cuestionamos por descoñecemento. É na etapa adulta onde situamos millor todo e temos as ideas claras
anque sempre levamos algunha sorpresa coa que non contabamos.

aopedofarelo: o artista tampouco o coñecía eu pero isto forma parte do complexo mundo da interrede onde aprendes asuntos insospeitados con só facer click.

 
At 05/09/2016, 00:25 , Blogger paideleo said...

Aprendín o nome científico: conyza canadensis e si que viu das terras americanas.

 
At 05/09/2016, 00:27 , Blogger An said...

:D

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home