leoeosseus

Sunday, 17 January 2010

Circo


O Leo máis un curmán foron por vez primeira a un circo e non defraudou, mesmo estivo mui ben. Miraron tigres de Bengala, unha cebra, unha llama, un bisonte, unha avestruz ( que asombrou a Leo ), uns ponis, uns porcos, un oso pardo ( para facer fotos co el e de nome Samil que naceu, seica, hai dous anos nese lugar vigués ), unhas vacas sagradas e un partido entre o Real Madrid e o Barça pero os xogadores eran cans que ían detrás dun globo. Houbo domador, pallazo, malabarista, músico, home con látego, equilibrista, antipodista ( malabarista cos pés ), unha rapaza que facía exercicios con hulahop e facía acrobacias no alto, unha parella acrobática das alturas, un "suicida " dunha corda no teito do circo e dous irmáns mui noviños que facían un número co irmán maior deitado que lanzaba e xiraba cos pés ao pequeno.

Pagou a pena ir ao circo, non tanto polos pequenos senón por min que desfrutei admirando proezas que xamais serei capaz de conseguir.

PS: esquecín falar de Noddy e as súas cabuxiñas e a sesión extra de maxia que non ofreceu o fillo duns bos amigos.
Eva, graciñas por facerme acordante do Noddy.

Labels: ,

9 Comments:

At 17/01/2010, 02:03 , Blogger Eva G. Rei said...

Faltouche o neno ximnasta cando apareceu coas tres cabuxinas e disfrazado de algo que parecía un "pitufo". Como se chamaba?

 
At 17/01/2010, 11:47 , Blogger fonsilleda said...

Semella que o circo nestes tempos perdeu parte da sua maxia.
Con todo, ainda serve para os nenos.

 
At 17/01/2010, 14:25 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Boh, ti non farás esas proezas; pero fas outras. Cada cal temos un número que desenvolver no noso circo particular. Ou non?

Apertas dende o meu circo-chousa

 
At 17/01/2010, 15:01 , Blogger Merce said...

Pois alegrome moito, eu soamente fun ao circo duas veces na miña vida, e ningunha das duas me gustou...

Os animais, parecian esfameados, sucios, tristes... tiven a mala sorte de que ningun dos dous eran profesionais como debian ser.

Biquiños :)

 
At 17/01/2010, 15:52 , Blogger zeltia said...

a min o circo gustábame, as pouquechiñas veces que fun de nena. despois levei ó meu fillo cnado era pequeno, pero algo ocurrira mentres tanto:
todo tiña un aire decadente,
as vestimentas gastadas e mesmo esgazadas,
os animais fracos e vellos,
suxos,
as lonas,
todo, todo, daba unha pena...
e non me gustaba nada levar o neno ó circo.
despois ensináronme un CD con actuación do "circo del sol" que me pareceu admirable,
máis con iso, un amigo que viaxou ata gijón para velos en directo, dixo que non era o mesmo que no cd eh?
asi que, pode que coa crise, esteamos a ver un rexuridr do circo, na era da tecnoloxía e os efectos especiais.
pero choca, ¿non sí?

 
At 17/01/2010, 16:10 , Blogger Bolboreteira said...

Unha das cousas boas de ter nenos é que con estas cousas un disfurta tanto coma eles ou máis.
Un bico

 
At 18/01/2010, 17:39 , Blogger Victoria said...

Sempre me gostou moito o circo, é coma sumerxirte nunha pócima máxica. Alégrame que Leo disfrutara.
Gracias pola tua visita.
Bicos

 
At 18/01/2010, 18:18 , Blogger Carlos Sousa said...

De pequenos levávanos miña avoa. Non volten aa que pasaron uns anos e leven ó meu fillo maior. El disfrutou, eu tamén aínda que non eran circos grandes, máis ben un pouco fuleros.
A ver se volvo coa miña pequena, tanto por ela coma por min. (Hai que buscar un pretexto)

Apertas

 
At 18/01/2010, 19:51 , Blogger Kaplan said...

Un segredo: nunca fun ao circo.
A nena dá por suposto que fun de cativo,posto que ela foi, e eu déixolle que o crea máis que nada por que non me obrigue a levala.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home