leoeosseus

Sunday, 10 January 2010

Chapapote e neve




Estes días de neve ( por outras zonas pero non por Vilaguindastre ) fixéronme lembrar a neve de hai xusto sete anos. Era un dez de xaneiro de 2003 e a costa galega aínda tiña chapapote do Prestige. A asociación de graniteiros de Vilaguindastre fletou NOVE autobuses cheos de traballadores para irmos limpar chapapote en Carnota. Saímos ás sete da mañá pero no camiño tivemos que parar durante dúas horas pola neve e xeo que había na estrada e saímos xogar coa neve. Chegamos á unha da tarde e fomos sen comer nada a limpar para aproveitar a marea baixa. Traballamos duro ( dixéronnos uns bombeiros vontarios chegados dende Sevilla que xa levaban unha semana limpando ) e conseguimos arrincar coas mans máis de vinte toneladas de chapapote. O pago polo noso traballo foi un bocata, un iogur, unha mazá e unha botella de auga. Pode parecer pouco pero a satisfacción de facer algo positivo pola nosa costa, iso é o que realmente importa.
Chapapote nunca máis !.

Labels: , , ,

8 Comments:

At 10/01/2010, 00:37 , Blogger Eva G. Rei said...

A min quedoume pena non ter ido limpar nos "hilitoz de plaztilina" que dicía Rajoy. Pero é que a pequena aínda tiña un par de meses. Iso si, foi o home da casa, en representación. Non pasou tanto tempo e xa parece que hai unha eternidade. Por certo, estabas máis noviño na foto, eh? Como se notan os anos, ou os quilos?
Bicos a todos e a ver se quedamos.

 
At 10/01/2010, 13:51 , Blogger Carlos Sousa said...

Eu tampouco fun limpar eses "hilitoz" e case que me arrepinto. Ó mellor non tiña moito tempo daquela, pero se se quere sempre se saca algo. É o de sempre, solidaride si, pero mullarse...

Agora mesmo están caíndo uns farelos en Ponteareas, xa teño a pequena toda loca que quere facer un boneco de neve e non sei se dará para tanto.

Apertas

 
At 10/01/2010, 14:31 , Blogger zeltia said...

vaia contraste nesa asociación de ideas que che trouxo a neve:

a brancura dela
e a negrura do chapapote

así que fuches un dos voluntarios?. grazas, agradézocho moito. xa sei que o eido é de todos, pero pola parte que me toca

 
At 10/01/2010, 17:38 , Blogger BRABIDO said...

Por eses anos eu traballaba fora deste pais,deume moita tristeza cando na tv poñian as imaxines das praias cubertas do chapapote,logo foches en tempo tempo de vacans ou de traballo?

NUNCA MAIS

 
At 10/01/2010, 19:18 , Blogger mfc said...

Aqui também se bate o dente...

 
At 10/01/2010, 19:40 , Blogger Raposo said...

Daquela viviuse un dos mellores episodio de solidariedade que se diron neste país.
E ben está que o lembremos, e tamén que non esquezamos os culpables da desfeita.
Apertas.

 
At 10/01/2010, 20:33 , Blogger fonsilleda said...

Fermoso recordo o teu hoxe, evocado pola neve. Que algo tan branco recórdeche algo tan negro ten o seu "aquel".
Ainda choro ao pensar naqueles días.
Bicos e grazas por ter axudado.

 
At 10/01/2010, 21:52 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Eu tampouco non fun daquela a limpar a costa. E lémbrome sempre de non ter ido; así que con moita máis razón acordaredes os que destes, como di o Raposo, a lección maxistral de solidariedade.

Unha aperta dende a Chousa nevada

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home