leoeosseus

Saturday, 26 December 2009

Vincas


Onte o Leo seica levaba uns calcetíns que lle apretaban un pouco e lle facían unha marca. O Leo dixo: " Os calcetíns fan dano. Fan raias. " E nós rimos, é claro; pero eu sabía como lle chama a bisavoa Celia ás marcas que fai a roupa cando apreta e non o lembraba eu nese momento. Ao final lembrei a palabra que é " vinca " ( poño con v non sei polo que ). E aquí a deixo como parte da memoria dos ancestros para que non se perda e, sobre todo, para que non volva esquecela eu !.

Labels:

6 Comments:

At 27/12/2009, 00:18 , Anonymous Zeltia said...

eu tamén apunto as palabras esquecidas que rexurden do fondo da memoria!
e ademáis compartelas!
pois grazas!

a foto encántame, a velliña coa bolsa do super, apañando

 
At 27/12/2009, 23:20 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Apaña casulas?.

 
At 27/12/2009, 23:53 , Blogger Eva G. Rei said...

Eu o da "vinca" non cho sabía; coñezo o vinco, que un aro que se lle pon aos porcos para que non focen. O que son os tempos, agora algúns "punkis" e outras tribus urbanas levan tamén "vincos" no nariz ou na boca... Ao final parecémonos máis aos porcos do que pensamos.
No dicionario tamén aparece vinco coa acepción da avoa Celia.

 
At 28/12/2009, 00:00 , Blogger paideleo said...

Zeltia: non é para agradecer, é case un deber que temos todos. A velliña é a bisavoa Celia.

Chousa da Alcandra: casulas chamadas en Antas, xudías ou feixóns en Arbo. Alá polo mes de outubro.

Eva G.Rei: Non busquei vinco pero xa comprobei o que dicías.

 
At 28/12/2009, 02:34 , Anonymous dedoenlasopadeletras said...

Boa foto da avoa celia.

 
At 30/12/2009, 21:22 , Blogger xenevra said...

Boa homenaxe á Celia, necesaria homenaxe á lingua.
Foi un pracer chegarme ata aquí para recoller esta palabra que non tiña aínda. Empezarei o ano máis rica grazas a ti... e a avoa Celia ;)

Que o 2010 siga a traernos palabras

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home