leoeosseus

Wednesday, 11 November 2009

San Martiño moderno


Como todos estes anos por esta data (2006, 2007, 2008) fun á caza de pións para Leo. Este ano xa foi complicado topar un pión de madeira. Non o había no kiosko do ano pasado, nunha xoguetería dixeron que " Se agotaron " ( forma fina de dicir que non traballan ese tipo de xoguete ), ata entrei nun chinés que soltou un seco " No hay ". Logo busquei nun multiprezos e topei o de plástico amarelo por un euro sesenta. A dependenta díxome que bailaba mui ben pero ten o defecto de que non racha cando xoga. Eu tiña a teima de topar un trompo de madeira e ao final tiven que ir a Marujitaestafadora e topeino ao prezo que dicía ela barato: tres euros !.
Vaia, haberá que adaptarse ás novas tecnoloxías lúdicas que van saír máis baratas e doadas de topar.

Labels:

19 Comments:

At 11/11/2009, 14:58 , Blogger An said...

Por eiqui podes atopalos inda a 2 euros (vinos xa fai uns días) despois aiche outros máis caros (non lembro o prezo) que parecen feitos de deseño, gardo un sen usar dende os tempos que era máis cativo, pero non vaila moi ven...onde andaran aqueles tronpos lisos os que trocabamos a punta por unha afiada para rachar máis...Unha magoa que cousas así se perdan. SAúdos

 
At 11/11/2009, 15:21 , Blogger brabido said...

Xa chegara un dia en que seran por control remoto.

saúde

 
At 11/11/2009, 15:48 , Blogger Moraima said...

Meu pai non tivo a sorte nin de atopalo de plástico, polo que meu irmán non vai poder desfrutar do San Martiño como nós o facíamos! Apertas!

 
At 11/11/2009, 19:53 , Blogger Meninheira said...

veño de ler todos os posts dos anos anteriores e a cada cal máis bonito!! moitas grazas!! :)

 
At 11/11/2009, 21:12 , Blogger Chousa da Alcandra said...

O que algo quere...algo lle costa!

(Quen raio será Marujitaestafadora?)

 
At 11/11/2009, 22:27 , Anonymous Zeltia said...

eu nunca fun moi boa bailando o trompo. (recordo que tiña outro nome na miña aldea, pero agora non me ven á cabeza)
o que sí me deixa con intriga,
e por qué os trompos
son da época do sanmartiño...
para mín o sanmartiño e a matanza e os magostos!
:-)

hasmo dicir, si?

 
At 11/11/2009, 22:57 , Blogger Dilaida said...

Chámame a atención iso que dis sobre o san Martiño e a buxaina, non coñezo esa tradición
Bicos

 
At 11/11/2009, 23:40 , Blogger An said...

Eu sempre escoitei, por san martiño buxainas o camiño, por san amaro buxainas o faiado. :)

 
At 12/11/2009, 00:03 , Blogger paideleo said...

An: supoño que os había máis baratos pero mercando na Marujitaestafadora pasa o que pasa.
Tamén lembro de cambiar a punta dos trompos por unha longa para que bailasen menos tempo e rachasen os outros trompos.
brabido: sei que os hai con luces e música así que o do control remoto está á volta da esquina.
Moraima: unha mágoa que quede sen el. Supoño que aparecerán cando non se busquen; coma sempre.
Meninheira: graciñas polo piropo. Sei que acabo sendo repetitivo con algúns tempos pero eu son así.
Chousa da Alcandra: Marujitaestafadora é unha señora que ten un amago de quiosco onde vende trapalladas ao prezo que pon ela. Non quería mercarlle un trompo alí que me cobrara a 2.50 o ano pasado mentres noutro sitio vendíanmo a 1 euro. Este ano subiu o prezo, como podes comprobar.
Zeltia: eu non o fago mui ben tampouco pero gústame. Outro nome pode ser pión, peonza, buxaina,bailarina. Non sei máis.
Hai o refrán: Polo san Martiño, trompos ao camiño ( An amplíao con:...e por san Amaro buxainas ao faiado ).As épocas dos xogos non sei a que veñen. Lembro que antes dos trompos xogábase ás bólas. Supoño que ten que ver coa terra mollada e a súa dureza.
Dilaida: polo san Martiño é cando se matan os porcos, cando se proba o viño novo, cando hai magostos e cando se empeza a xogar aos trompos. Non sei a razón pero a tradición é esa.
An: fermoso refrán. Descoñecía a segunda parte.

 
At 12/11/2009, 12:40 , Blogger fonsilleda said...

Unha das miñas frustracións, xunto coa de asubiar mal, é non aprender a bailar un trompo. Era xogo de nenos e eu morta de envexa sempre.
Alégrame comprobar que aínda hai pais que ensinan eses antigos e preciosos entretementos.
Segue pagando os 3 ou 4... euros, paga a pena.
Bicos.

 
At 12/11/2009, 17:08 , Anonymous Zeltia said...

gracias pola explicación, sí , é buxaina o nome que lle dan (esquecerame!)
e, xa che digo,
non o relacionaba co sanmartiño,
pero se o refrán o dí...
máis tradicional imposible!.

 
At 12/11/2009, 17:29 , Blogger abueloscrisytoño said...

Grazas pola felicitación e tranquilo que a Antonio non se lle ocorreu pór os cen euros en moedas. As Zarrotas (Non conocia o nome em galego das Lepiotas) teñen unha pinta estupenda rebozadas en ovo, volta e volta na tixola están deliciosas
Os trompos se vivise o meu pai faríache os que quixeses, el fixo moitos para o meu irmán.
saudos A.Cris

 
At 12/11/2009, 21:20 , Blogger vermella said...

Fai pouco estivemos en Vilanova da Gaia cunha excursión de rapaces da Coruña do equipo de basquet e pasmadiños todos vendo como os vellos bailaban a buxaina,eles quixeronnna comprar e os pais intentando voltar a infancia,e bualá Vermella acordábase,aquí teño duas vou gardar unha para o Leo,por certo un euriño e ben feitiñas....
bicos.

 
At 12/11/2009, 21:22 , Blogger brabido said...

Acordeime que tamen xogabamos con uns trompos mais pequenos que polo Condado lle chamamos "PIROUCHAS".

Cando se tiña que apochinar sempre poñiamolo mais vello,xa que se che o racharan,nonche doia tanto.

 
At 13/11/2009, 08:49 , Blogger Eva G. Rei said...

Tesme que explicar quen é Marujitaestafadora. Non saio do meu abraio en Vilaguindastre!

Cando fagamos o magosto hai que levar os trompos, vale?

 
At 14/11/2009, 13:36 , Blogger Barreira said...

E que non hai coma a madeira. Buuuhhh!!!, onde haxa unha boa mesa de castiñeiro que se quiten as de contrachapado barato.
Pero claro, tamén son mais caras.

 
At 15/11/2009, 01:22 , Anonymous aopedofarelo said...

Xa vai ser dificil de atopar...Estes xogos son como moitas cousas das que falamos as veces, nestes recordos virtuais dos blolgs ....so xa un pasado que dentro de nada vai ser de museo.
Unha aperta.

 
At 15/11/2009, 17:44 , Blogger mencía said...

Pois aquí haiche un que lle chamamos o cutre inglés, que ten de todo, dende comestibles ata zapatos pasando por xoguetes e ferralla variada.
Ei mirar o prezo dos trompos, poque desde que os meus nenos eran cativos non os volvín mercar.
Agora que iso si, de nena non aprendín a bailalo, pero aprendín despois co meu neno, penso que non o esquecería pois agora teño que vover a poñer en práctica o asunto co meu neto.

 
At 15/11/2009, 22:12 , Blogger Merce said...

jajaja creocho ben ainda van vir cun botonciño que premer para que bailen sós, e perdan a gracia.

Apertas

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home