leoeosseus

Sunday, 1 November 2009

Halloween en Arbo


Este día de chuvia intensa é o tal para quedar na casa a comer castañas e escuitar historias como a que contou o avóM sobre o día de onte. Xa era noite pecha cando andaban cabalos de monte por fóra da casa e alá foi o avóM axotalos para que non entrasen. Logo de marcharen os cabalos apareceulle na cancela unha " comitiva " de seis ou sete rapaces disfrazados. Os rapaces dixéronlle se lles daba algo ( nada de truco ou trato ). AvóM preguntou porque lles había dar algo e un que ía cunha saba branca e unhas barbas brancas dixo: " Porque eu son Dios ". AvóM topou a excusa perfecta: " Pero Dios dá e non pide. " O rapaz retrucoulle: " Iso era antes. Tamén don Adolfo antes daba ( un cura da zona ) e agora pide." Como tiña razón deulles un euro. E alá marchou a comitiva por eses camiños.
Este paréceme un bo exemplo de adaptación do halloween á retranca galega: un disfraz de Deus pedindo cartos.

Labels: ,

12 Comments:

At 01/11/2009, 22:56 , Blogger Eva G. Rei said...

Pois si que é un bo exemplo.
Oxalá recuperáramos as nosas tradicións e crearamos outras novas, pero nunca copiando o alleo.

 
At 02/11/2009, 00:12 , Blogger oko said...

eu mirei aterrada como marín se enchía de rapaces disfrazados ao máis puro estilo ianqui. estou segura de que ningún deles sabe o que é o samaín :(

 
At 02/11/2009, 10:50 , Blogger fonsilleda said...

Espléndido; estupenda anécdota mollada pola impenitente choiva
Bicos.

 
At 02/11/2009, 14:17 , Blogger Meninheira said...

hahahaha es buenísimo!!!

 
At 02/11/2009, 16:23 , Blogger Bolboreteira said...

Que rapaz máis agudo!!! Bo e ver que a retranca típica galega continúa nas novas xeracións.

Bicos!!

 
At 02/11/2009, 20:13 , Blogger abueloscrisytoño said...

Non sei que ten este día, pero algo raro ten. A historia que contas é típica, galeguiña ,galeguiña
Un saudo A.Cris

 
At 02/11/2009, 20:27 , Blogger abueloscrisytoño said...

Eu Creo que oko esta un pouco equivocada en Marín si se celebra o samaín e fano en todos os colexios, logo os poyitos a mocidade adolescente sucumbe ao fenómeno americano pero si saben moi ben que é e que significa a noite de samaín. Un abrazo veciña. A.Cris

 
At 02/11/2009, 21:55 , Anonymous aopedofarelo said...

Dende logo que si...prciosa a anecdota, o que xa non estou tan dacordo é co dichoso Halloween, o como demo se diga....Dichosos Americanos, e dichoso marketing, temos que ser todos como eles????

 
At 02/11/2009, 23:26 , Blogger An said...

Moi boa retranca, si señor, ise mozo promete. SAúdos

 
At 03/11/2009, 09:58 , Blogger Ana said...

Primeiro disculpome de novo, sintome mal por non facer o meme.
O meu fillo foi a pedir polas casa, e por aqui si que deron os caramelos.

Mais, gustariame que celebraran o sanmaín, e mais da terra,non?

Bicos

 
At 03/11/2009, 15:57 , Blogger zeltia said...

o de que a festa de halloween non se impoña, e como poñerlle portas ó campo.
no tempo en que a xente se pode comunicar con xente instantáneamente estea onde estea, fai que cambien moitas cousas,
e unha delas é adoptar costumes foráneas coma do mais natural,
pero creo que tamén será inevitable que enseguida se adapten ás peculiaridades de cada sitio.
nós preocupémonos porque non se perdan as nosas, e incluso expandilas.
a min xa me preguntou xente de fora que era eso do magosto,
e que lle gustaba esa festa,
asi que pronto
uns rubios nórdicosw
pode que estean a asar castañas
polo sanmartiño

:-)

mirémoslle a parte boa a esto da globalización.

 
At 03/11/2009, 23:40 , Anonymous Mr Tichborne said...

Grande saída do pícaro! Miña nai ten outra para os pedichóns: "Outros coma ti viñeron antes e non levaron nada... e a todos non se lles pode dar!"

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home