leoeosseus

Tuesday, 10 November 2009

Dositeo e as zarrotas



O domingo aproveitei un descanso da chuvia para apañar as zarrotas da foto.

Estes cogumelos fixéronme lembrar ao meu bisavó Dositeo que andaba de feira en feira hai máis de oitenta anos atrás. Ía camiñando co gando e apañaba as zarrotas para comelas. Pasou o tempo e este saber pasoullo á miña nai e esta a min e agora sigo a cadea e pásolle o coñecemento ao Leo.

Quen lle ía dicir ao Dositeo que andaría polo mundo virtual o seu coñecemento !.

Labels: ,

15 Comments:

At 10/11/2009, 13:12 , Anonymous Zeltia said...

ó sr. dositeo non lle cabería na cachola un invento como o de internet, como non nos cabía a min de rapaza, se mo contaran. bueno pode que sí, porque para o ano 2.000 pensabamos que a sente se movería con un autopropulsor jajaja

unha cousa que sempre me chamou a atención, e que, coa fame que se pasaba na postguerra, pois na miña aldea nin dios comía setas! (¡coa chea delas que había!)
envidia de coñecelas coma tí, e outra xente, de momento un pode ir ó monte e collelas, pronto levarán un logo ou algo que as identifique coma de alguén...

 
At 10/11/2009, 13:38 , Blogger Bolboreteira said...

Este é ano de zarrotes. Na miña casa pirranse por eles e están de sorte porque están a fartarse deles.
A min non me gustan especialmente.
Un biquiño!

 
At 10/11/2009, 14:51 , Blogger Meninheira said...

Que bó porte tiña o avó Dositeo! e os ollos azuis?

 
At 10/11/2009, 14:58 , Blogger An said...

De seguro que teu Bisavó foi unha boa persoa, agardo ser eu tan bo pai como parece que el foi. Saúdos e apertas

 
At 10/11/2009, 16:02 , Blogger Dilaida said...

Ao meu avó tamén lle gustaban moito, lembro que as facía na lareira, despois de lavalas e botarlle sal, púñaas entre as brasas e estaban boísimas eu agora fágoas con xamón e gambas na tixola porque a lareira xa non existe.
Bicos

 
At 10/11/2009, 17:03 , Blogger vintxuca said...

a verdade é que tenhen unha pinta marabilhosa...mmmmmmmmmmmmm!!!!!!!!!!!! bonita foto a do bisavó...son unha amante das fotos analóxicas antigas en branco e negro.
Unha aperta.

 
At 10/11/2009, 19:33 , Blogger Chousa da Alcandra said...

E quen che dirá a ti por onde andará o teu coñecemento no futuro...A saber!

Apertas

 
At 10/11/2009, 21:26 , Blogger fonsilleda said...

Que diria ou Sr. Dositeo de internet, se cadra toleaba, pero non, se era tan listo como para coñecer eses cogumelos, seguro que se facía co invento deseguida.
Ademais, ten pinta de moi espabilado. Seguro que era ben listo.
Bicos.

 
At 11/11/2009, 00:15 , Blogger Raposo said...

A min tamén me gusta ir as zarrotas. Pero eu non as collo tan abertas, cólloas cando están empezando a abrir ou cando aínda non abriron de todo, que creo que é cando mellor están.
Apertas e voa colleita de zarrotas.

 
At 11/11/2009, 08:36 , Blogger Eva G. Rei said...

Pois a ver cando me aprendes a min, que eu nunca fun ás zarrotas.
Por certo, como se parece Edita ao Dositeo.

 
At 11/11/2009, 19:22 , Blogger busto.agolada said...

Benviso sexa o teu avó a este mundo virtual. É outra maneira de facerse presente na vida. Din que vivimos mentres haxa memoria de nós. E ademais el deixouvos un medio de mantenza para o outono: saber catar cogumelos sen riscos.
Saúdos e que o Leo continúe as tradicións da estirpe.

 
At 11/11/2009, 20:34 , Blogger Pitima said...

Qué pasada!! Tedes un parecido físico incrible!! Os mesmos ollos, a mesma sonrisa..
Que bonita foto.
Haiche moitas setas por aquí. A min dáme medo collelas. E mira que me gustan.
Un saúdo.

 
At 13/11/2009, 22:47 , Anonymous Arduina said...

O meu avó tamén se chamaba Dositeo :)

 
At 15/11/2009, 22:08 , Blogger Merce said...

Esta ben eso de ir pasando antigas tradicions, lendas, contos, costumes... canto se perde polo camiño, canto!

Zarrotas? si, bueno eu aprendin ese nome desque casei :) mais na miña zona en Ourense chamamoslle cogordos e fai pouquiño tempo aprendin que en outras zonas chamanlles choupís :)

Un bico :)

 
At 09/11/2010, 20:47 , Blogger xenevra said...

E quen che ía dicir que eu viría descubrir os teus zarrotes tantos anos despois??

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home