leoeosseus

xoves, 15 de outubro de 2009

Sobre o funcionariado ( perdón por falar en xeral )

O Leo aínda non ten conta bancaria. Fan falla requisitos como o certificado de empadroamento e o certificado de nacemento. O certificado do nacemento déronmo nun momento e sen problemas; o do empadroamento xa foi outro cantar. Esperamos un tempo no concello e atendeume o funcionario " escribidorcondousdedos ". Expliqueille o meu caso e pediume o meu nome. Buscou no ordenador e si aparecía eu no meu domicilio pero non a miña muller e o Leo. Díxomo coma se fose culpa miña. Logo deille o nome da muller e aparecía noutro enderezo xunto con Leo. Seica houbo un erro de nomenclatura e misturaron número de vivenda con portal e con bloque pero eu sei que o culpable foi ese mesmo funcionario. Alá empezou a fuchicar e a bufar diante do ordenador e rematou dándome o certificado do empadroamento mal chanchullado no cal todos vivimos xuntos no número 12, portal 12, bloque 12.
A ver que sae de aí !.
O madrugón queda para outro día no que pasará outra historieta burocrática. Segurísimo !.

O chiste pilleino da interrede buscando imaxes de funcionario en Google.

Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 15/10/09, 23:55 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

real como a vida mesma!! e prepárate para perder toda a mañá na comisaría, esas colas que se ven na tele son reais!! grrrrrrrr

 
Ás 16/10/09, 08:46 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Xa sei de que "funcionario" falas; eu tamén o sufrín unha vez, que ata me deron ganas de pasar a dentro do mostrador e facelo eu.
Por sorte non todos son así.

 
Ás 16/10/09, 09:56 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Non todos son así, pero por desgraza a maioría contáxianse co tempo. Da unha rabia...

 
Ás 16/10/09, 10:17 , Blogger Unknown dixo...

Eu co DNI non tive problemas.Por telefono pedin cita prévia, presenteime o dia e hora señalados e en media hora estaba fora.

Bicos

 
Ás 16/10/09, 17:26 , Blogger Barreira dixo...

Eu engado que en xeral, por desgraza, funcionan todos dun xeito parecido, salvo raras excepcións.
Saudos.

 
Ás 16/10/09, 19:18 , Blogger Mer dixo...

Pois no concello que vivo sí que é para flipar. É un concello pequeno e queren ter todo controladísimo, fun pedir un certificado de empadroamento e non mo quixeron dar porque non estaba o alcalde.
Eu contesteilles que cómo que non mo podían dar se non estaba o alcalde, entón qué farían en cidades coma Barcelona, ou sen ir tan lonxe, en Vigo mesmo.
Ao final déronmo porque durante o tira e afroxa chegou ÉL: o alcalde, coma se fose Deus mesmo.

 
Ás 16/10/09, 19:30 , Blogger BRABIDO dixo...

Espero que non fora por non entenderte,digo esto pola lingua.Xa que ea quen non lle custou nada chegar a ese posto e ser ter estudio ningun e estes son os que mais chulos se poñen.

En esta vida todo se arregla,menos a ......

saudos

 
Ás 16/10/09, 23:26 , Blogger An dixo...

este chiste ten publicidade subliminal do pp XD Cousas miñas, sorte ca burocracia, non sempre e tan nefasta. Saúdos e apertas

 
Ás 17/10/09, 11:40 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Mira que vivir separados e vos sin sabelo...
Para que logo digan dos funcionarios; e resulta que grazas a él agora volvedes vivir xuntiños en harmoniosa comunidade.
(O de poñervos no 12 do 12 do 12 foi todo un detallazo!!!)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio