leoeosseus

Tuesday, 6 October 2009

Seguros



Esta mañá tiña un xuizo como parte demandada. Houbo sorte e non chegou a celebrarse porque a miña ex-compañía chegou a un trato co denunciante. A compañía non nos avisou disto pero non nos extraña despóis de deixarnos sen seguro de coche durante un mes sen aviso ningún. Iso si; para mandar felicitacións de aniversario cando eramos bos clientes si que andaban lixeiros.
Cambiamos de compañía aseguradora e non sei onde nos metemos porque lendo os casos que non cobre o seguro aparece este apartado:
" f) La modificación de la estructura atómica de la materia y sus efectos ".
En fin, que non nos pase nada.

Labels:

10 Comments:

At 07/10/2009, 01:15 , Blogger mencía said...

Vou ler eu a miña poliza, de seguro tamén pora fraseciñas tan grandilocuentes como esta que ti dis, eu tamén penso o mesmo "que non nos pase nada"
Apertas.
O Leo esta moi grande e moi guapo, e xa ten tres anos! mi ma! como pasa o tempo, vímolo nacer e xa tres anos.
Bicos tamén para él.

 
At 07/10/2009, 04:10 , Blogger Antón de Muros said...

Neste mundo nada é seguro ;-)

Unha aperta.

Antón.

 
At 07/10/2009, 13:10 , Blogger Ana said...

Nos temos o seguro co Linea Directa, e de momento non tuvimos problemas.
O revés, cada ano, baixan nos a cota.
Sorte.

Bicos

 
At 07/10/2009, 16:31 , Blogger An said...

errrrr, isto da fisica atomica escapa o meu entendemento XD SAúdos meu

 
At 07/10/2009, 17:22 , Blogger abueloscrisytoño said...

No meu primeiro negocio asegurei as lúas do escaparate (uns nenos xogaban sempre cerca coa pelota) un día déulleme por ler a letra pequena, entre outras cousas mais ou menos dicía; En caso de manifestación, NADA. En caso de terremoto, NADA. En caso de pedrada, NADA, e así un sen fin de NADAS.

 
At 07/10/2009, 18:26 , Blogger Kaplan said...

Pois xa saben: nin se lle ocorra xogar con bombas atómicas no coche ou na casa porque poderían perder a cobertura. Era sabido.
Eu con Génesis estou contento, pero, claro, non modifiquei ningunha estrutura atómica...

 
At 07/10/2009, 19:29 , Blogger Meninheira said...

hahaha será por si andades a xogar con pistolas desintegradoras da materia XDDDD

Non me queda moi claro se deixaches o "zumbagué" ou si estades agora no "zumbagué" hahahah

Nos temos mafre e a verdade é que estamos contentísimos.

biquiñossss

 
At 07/10/2009, 20:29 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Nin che se ocurra mudar a estructura atómica, senón...xa sabes; quedas indefenso!
Que cousas.
(O certo é que se lemos a chamada "letra pequena" da morea de contratos que asinamos...léveme o diaño que faríamos nadiña.

 
At 08/10/2009, 08:42 , Anonymous F. Míguez said...

Hai uns anos, que fixemos unha póliza para un coche, chamoume a atención que puña unha lista de países onde non se aplicaba a cobertura internacional con un so nome: Irak.
En calquera caso, tanto por experiencia propia como polo que me teñen contado nos talleres, nos seguro de automóbil hai unha compañía perfecta (pero cara), dúas ou tres que valen, e o resto todas teñen algunha pega... ou moitas.

 
At 08/10/2009, 22:55 , Blogger Meninheira said...

Pois xa che digo que nós temos mafre, con avisos e grua por medio varias veces (de furgona) e xenial sempre!

biquiñosssss

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home