leoeosseus

Friday, 16 October 2009

Recreo na fotografía


Un dos meus divertimentos é ollar fotografías e isto da interrede é o tal para iso. Quedei enamorado desta foto de Paul Fusco feita desde o tren onde ía o corpo de Robert Kennedy. Tamén merquei un libro marabilloso e barato sobre fotos de indios de Edward S. Curtis e navego por sitios de fotografías marabillosas como photodom, photo.net, negativodigital, magnum ou trekearth entre outros lugares.

Labels: ,

6 Comments:

At 17/10/2009, 11:43 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Non ten nada que ver, pero eso que dis do título desta fotografía (o tren), fíxome lembrar un artigo que saía estes días pasados no diario de Lugo; no que se decía que na cidade das murallas os veciños veñen dividindo o ano en somente tres estacións:
Verán, Inverno e maila do tren.

Apertas de Antas

 
At 17/10/2009, 12:30 , Blogger Danilo said...

Se che gusta a fotografía logo recoméndoche http://www.shorpy.com/ unha páxina americana de fotos antigas na que hai verdadeiras delicias. Eu é de aí de onde saco case todas as fotos dos microQontos

 
At 17/10/2009, 22:35 , Blogger mfc said...

As fotografias fazem permanecer os sentimentos...

 
At 18/10/2009, 10:58 , Blogger Kaplan said...

Mola a foto, non me estraña que lle gustase. Tomo nota dos enderezos para agregalos á columna da dereita de Ithaca, onde xa hai algúns.
As polaroid americanas dos 50 son unha pasada.

 
At 18/10/2009, 23:14 , Blogger Merce said...

E sabes escoller moi ben, grandes paxinas con grandes fotografias de grandes fotografos :)

Bicos

 
At 20/10/2009, 20:49 , Blogger Mario said...

Unha das cousas máis curiosas que atopei nos últimos anos, son as páxinas de fotografías atopadas ao azar (en tendas de segunda man, na rúa, etc...). Para min teñen un valor evocador moi grande: quen é esa xente? por que perdeu/tirou a foto? que foi deles?
Déixoche dous enderezos, o terceiro é do sitio onde atopei as referencias, tamén moi recomendábel.

http://www.bighappyfunhouse.com/
http://moderna.org/lookatme/index.html

http://www.papelcontinuo.net/

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home