leoeosseus

Friday, 2 October 2009

Rebusco


Hoxe axudei a avóM a apañar as derradeiras uvas tintas desta vendima 2009. No Couto tiña que haber un munico delas pero algún " mui curioso " xa as apañou ( forma simpática de denominar a un ladrón polas terras de Arbo ). Fomos a San Benito, Correlos e Reghengo e xuntamos catorce municos. Xantamos croques e cocido con feixóns ( " caldo sen feixóns é como home sen collóns " di a bisavoa Celia ). Despóis do xantar fomos á Insua, Tumbalobos, As Carmelas ( As Laxiñas xa están a monte; " traballar por quecer non é nada ", di avóM ) e rematamos na Louriña. Logo tocou estrughar todo e inda deu uns 400 quilos.
Abur, viñas !.

Labels: ,

1 Comments:

At 03/10/2009, 12:36 , Blogger Cuspedepita said...

A satisfacción do traballo feito, da colleita na casa :-)

Unha curiosa maneira de referirse aos que teñen a man moi longa ;-)

Apertas para ti e os teus.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home