leoeosseus

domingo, 11 de outubro de 2009

O Leo pochiño


O Leo leva unha semana un pouco pocho con febres intermitentes, toses, sestas longuísimas, malas noites e días pouco millores, escaseza de apetito, malhumor e con gañas de aghalimos, colos e carranchas, fregas e cóxegas. E nós tratamos de que supere esta etapa con doses de Dalsy, mimos, bicos, tomas de temperaturas, compaña na cama, visitas a pediatra e urxencias, chocolate, contos e películas.
Agora quedan lonxe aqueles días nos que só tomaba teta e estaba forte e repoludo. Nesa época unha señora comentáralle á avoaM: " Os nenos de aghora están tan ben mantidos de tanta trapallada moderna que lles dan ". A avoaM díxolle que non, que o Leo só tomaba teta e a señora remendou rápidamente e retrucou así: " Se é o que digho eu: non hai nada como a teta ! ".
En fin, ninguén nos dixo que criar un fillo era doado.

Etiquetas:

15 comentarios:

Ás 12/10/09, 10:41 , Blogger Unknown dixo...

Espero que non sea nada grave e se recupere pronto, pronto.

Vaya coa señora,jeje
reatrapouse rapidiño,jejeje

Bicos

 
Ás 12/10/09, 11:40 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

E quen o dixera (que é doado criar un fillo), mentiría como un vellaco.
En todo caso, nunca perdades de vista aquel refrán que reza no senso de que "fillos criados, traballos doblados"
(Non é por amolar, pero xa iredes vendo que a cada etapa do crecemento, vanlle xurdindo diferentes problemiñas...C'est la vie, mon ami!)

Que mellore axiña, para que vos recuperedes a ledicia tamén. Apertas

 
Ás 12/10/09, 14:02 , Blogger Ra dixo...

Uhmm, el Dalsy es mano de santo, pai :)

Que se mejore el campeón.

 
Ás 12/10/09, 17:27 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Que se millore, non hai cousa peor que velos pochiños.

Ten razón Chousa, según a idade que teñen, van dando distintos tipo de traballo. Xa estou tremendo co meu de 14...

O dito, que se millore.

 
Ás 12/10/09, 21:06 , Anonymous Mr Tichborne dixo...

Que te mellore, Leiño!

 
Ás 12/10/09, 21:07 , Anonymous Mr Tichborne dixo...

"Que te mellores", quixen escribir

 
Ás 12/10/09, 22:40 , Blogger amauta dixo...

Pois que sexa leve a cousa e acoidarse. Que despois de collela o Leo agardamos que non lles toque a máis da familia.
Unha aperta e seguro que dentro de nada hai un feliz post coa recuperación do Leíño!

 
Ás 12/10/09, 23:41 , Anonymous Doutora Seymour dixo...

Os mimos multiplican o efecto de calquera xarope de farmacia.
Axiña pasa, xa verá.
Saúdos.

 
Ás 13/10/09, 09:10 , Blogger vintxuca dixo...

que se mellore o pequeno!!!!!!!!!!!!!!

 
Ás 13/10/09, 09:56 , Anonymous F. Míguez dixo...

Se fose fácil, non teríades tanto mérito. Unha aperta forte ó Leo, a ver se mellora.

 
Ás 13/10/09, 11:09 , Blogger Mer dixo...

Espero que xa estea mellor.
A mín a matrona xa me dou unha listaxe de cousas que non poden faltar na casa para cando Laura chegue, e entre elas está o Dalsy e o Apiretal.
Espero non ter que usalos moi a miúdo.
Apertas

 
Ás 13/10/09, 11:54 , Blogger fgul dixo...

uffff Iso que che conste... de doado non ten nada!!! Agardo que o pequeno se poña ben. Unha forte aperta da miña parte!

 
Ás 13/10/09, 12:11 , Anonymous peke dixo...

Que se mellore, pobrete.

 
Ás 13/10/09, 12:38 , Blogger montse dixo...

Gracias por tu comentario informativo en mi blog, sobre la apertura del riu Xallas.Tuvimos la suerte de estar allí y realmente es todo un espectáculo!!
Qué se mejore tu niño!!
Saludos desde Barcelona.

 
Ás 13/10/09, 19:05 , Blogger pitima dixo...

Estanche todos igual. O meu inda vai indo... pero das toses e do Dalsy ningún se salva nestes días. Temos os pediatras saturados estes días...
O caso e que na salita de espera fan festas os viruses entre eles... jajaja. E no cole é imposible que non collan algo...
Éche o que hai.
Mentres haxa Dalsy e apiretal e mimitos, que non fallen, pois imos arranxando..
Nada coma a teta.. jaja

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio