leoeosseus

Monday, 26 October 2009

Menos mal !


Estes días foi todo gañar. Gañei unha hora máis o domingo e á tarde aínda sumei outra máis dando unha volta por Portugal ( foto tirada por min no parque fluvial de Vila Nova de Cerveira onde se ve o río Miño con Portugal á esquerda e Galicia á dereita ). Hoxe tocoume unha palmeira de chocolate gratis e nun teléfono público topei unha moeda de dous euros. Invertín eses cartos nun cupón da Once e non me tocou nada. Menos mal que seguro que sendo rico non había de conformarme co que teño !.
Son un tipo afortunado !.

Labels:

13 Comments:

At 27/10/2009, 00:17 , Blogger Ana said...

Pois si que eres afortunado,jejeje
Su chegas a ganar na Once, non estás aquí pra contar,jejeje

Bicos

A foto e preciosa.¿E tua?

 
At 27/10/2009, 02:19 , Blogger Antón de Muros said...

Non che podes queixar, ho! ;-)

Unha aperta.

Antón.

 
At 27/10/2009, 08:35 , Blogger Eva G. Rei said...

Pois si que es afortunado, pero en moitas máis cousas: mira que tes na Gulpilleira uns amigos bárbaros e non estás case nada con eles...
Fóra bromas; onde é ese sitio tan fermoso?

 
At 27/10/2009, 09:40 , Blogger Carlos Sousa said...

Moi boa reflexión.
O mellor a palmeira de chocolate gratis.

 
At 27/10/2009, 09:43 , Blogger abueloscrisytoño said...

Alegrámonos da túa boa fortuna. As pequenas cousas da vida cotiá son as que nos fan felices.

 
At 27/10/2009, 10:04 , Blogger Bolboreteira said...

As pequenas cousas....que grandes son as veces....Con días así de redondos que ben se vai un a camiña pola noite.Que teñas moitos máis días así.

Biquiños.

 
At 27/10/2009, 11:25 , Blogger fonsilleda said...

Onde regalan palmeiras de chocolate?. Vale ben, tes sorte, pero o menos que podes facer é compartir... ¿non?
Boa reflexión final.
Bicos

 
At 27/10/2009, 13:56 , Blogger HADEX said...

Pois sí. Cubre unha lotería ou unha quiniela tamén. Por se acaso...hehehe

 
At 27/10/2009, 15:08 , Blogger An said...

ASi me gusta, que sexas positibo, o fin de contas...que existe xa ten algo de afortunado. SAúdos

 
At 27/10/2009, 15:13 , Blogger brabido said...

Sigue xogando o cuponazo que coa racha que levas,nunca se sabe.

SORTE

 
At 27/10/2009, 18:56 , Blogger busto.agolada said...

E nós teamén somos afortunados, por tervos á familia Leo e quen nos conte desa terra miñota. E ademais co agasallo dunha foto tan fermosa.
Que sigades atesourando a mesma fortuna que ata o presente. Apertas.

 
At 27/10/2009, 19:41 , Blogger Chousa da Alcandra said...

E logo cara onde ías cando Portugal quedaba á esquerda e Galiza á dereita?
(Son un preguntón!)

 
At 31/10/2009, 13:52 , Blogger Merce said...

jajajaja que sorte!!! mágoa o da Once :)

gustame moitisimo esa foto, pero moito moito, e coma encherse de tranquilidade :) e ademais que tamen me gusta ese sitio, ben fermoso dende logo.

Animate co macro, e regalanos algunha :)

Biquiños

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home