leoeosseus

Sunday, 18 October 2009

Manifa


Tras uns días de indecisión acordei ir á manifestación en Santiago. Por razóns de saúde tiven que abrigar o pescozo e falar aínda menos do habitual. Polo camiño adiantei muitos veículos con pegatinas de " GZ " e " Nunca Máis " ( nótase que esta xente conduce dentro da velocidade legal ). Fóra da autoestrada ( muitos cartos fixo a conta da manifestación ) había cazadores e algún paisano traballando o campo.
En Santiago aparquei onde puiden por San Lourenzo e xunteime coa familia Eira de Balixe-Paidovento e un mar de miles e miles de persoas de distintas idades, de variada indumentaria e con diferentes sotaques. Había multitude de mensaxes e ondeaban un feixe de bandeiras. Na marcha soaban consignas e cancións acompañadas con gaitas, pandeiretas e tamboríns. Ao primeiro acompañamos unha pancarta co lema " Ego galego ", logo cadrounos detrás da xente de Adega, máis tarde camiñamos á beira da actriz Uxía Blanco, adiantamos a Antón Santamarina, admiramos as carreiras e chimpos de Isca, etc, etc.
Cando chegamos á praza das Praterías xa estaba a praza da Quintana acugulada de xente e ían repetir o manifesto. Logo houbo un momento de caos no que unha xente foi ao Obradoiro e outros seguiron entrando na Quintana polas Praterías.
Despóis era hora de xantar e recoller e rematou a manifestación coa marea de xente diluíndose polas rúas contenta e satisfeita por formar parte deste soño.

Labels: ,

10 Comments:

At 19/10/2009, 04:39 , Blogger Ana said...

Deixo un bico, e non falo nadiña...jejeje

 
At 19/10/2009, 11:00 , Blogger Raposo said...

A ver si toma nota o Feijoo e os seus secuaces.

 
At 19/10/2009, 14:25 , Blogger Aroa said...

Eu non puiden ir... pero de corazón estiben alí...

 
At 19/10/2009, 17:39 , Blogger Carlos Sousa said...

Vendo a cantidade de xente que foi sinto pena non asistir. A ver se se da conta o Feijoo. Eu axudaren canto poida dende aquí.

Apertas

 
At 19/10/2009, 19:35 , Anonymous paidovento said...

Moi ben resumida a andaina. Só che faltou o remate no "ximnasio" ao aire libre.

 
At 20/10/2009, 08:34 , Blogger Eva G. Rei said...

Mágoa que estabas roufeño e non puideches berrar nin cantar...
A próxima vez tes que axudar.

 
At 20/10/2009, 11:49 , Blogger Manuel L. Rodrigues said...

tremenda!!

 
At 20/10/2009, 20:15 , Blogger abueloscrisytoño said...

Agora mamá necesita coidados e teño o tempo mal repartido, por iso tardo un pouco en pasar.
Moi interesante o das fotos.
En canto ao da manifestación, é unha pena que teñamos que facelo. Quédome coa seguridade de pensar que o Idioma nunca morre, os maiores vivimos épocas en que se nos prohibía falalo. Pero segue aí, sempre seguirá, nin desaparecendo Galicia do mapa perderase sempre haberá un galego que o fale porque o idioma nace connosco.

 
At 20/10/2009, 20:40 , Blogger Mario said...

Un día grandísimo, eu creo que nunca houbo tanta xente xunta na cidade, e mira que pasan turistas por Compostela.

 
At 21/10/2009, 21:25 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Eu non dei chegado á Quintana nin de coña. Pero dou fe de que os do vagón de cola fixemos ruido abondo tamén

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home