leoeosseus

Wednesday, 7 October 2009

Códigos

Hoxe descubrín de casualidade ( vía Google ) que hoxe é o aniversario da creación dos códigos de barras que representan números cunha combinación de cantidade de liñas e diferentes grosores.
Isto fíxome lembrar que nas serrerías de granito tamén empregan un código de cores para matricular os bloques de granito. Tamén podo dicir que non é mui eficaz polo desgaste das cores e porque hai máis daltónicos do que semella ( afecta muito máis a homes que a mulleres ).
Déixoo aquí como curiosidade.
Embaixo deixo un exemplo.

Labels:

9 Comments:

At 08/10/2009, 00:05 , Blogger elvira carvalho said...

Não sabia nem de uns, nem de outros.
Mas as cores realmente com o sol tendem a desaparecer.
Um abraço

 
At 08/10/2009, 10:17 , Blogger Carlos Sousa said...

Eu que ando no ramo sei ca é así. Non é mala técnica, ó marcar o bloque cos colores de punta a punta, logo cando serran as chapas, xa quedan todas marcadas co seu número de bloque. As veces faise un pouco complicado de distinguilos.

 
At 08/10/2009, 12:08 , Blogger An said...

tamen nas resistencias dos aparactos electricos se utiliza un codigo de cores...que penso coincide co dos canteiros. SAúdos
http://es.wikipedia.org/wiki/Resistor

 
At 08/10/2009, 15:25 , Blogger Cuspedepita said...

Non tiña idea de que existira este código de cores para os bloques de granito.
Boa idea se foran as mulleres as que tiveran que decodificar, pero con tanto home daltónico, non sei eu...

Bicos

 
At 08/10/2009, 21:11 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Estamos plagados de códigos.
Ogallá poidera poñerse un código de colores ó PIN da miña tarxeta de débito!

 
At 09/10/2009, 14:36 , Blogger busto.agolada said...

Non sabía de tal código nas pedras. Apréndoo agora contigo e non vou opinar sobre a súa utilidade pois nunca me vin na circunstancia de ter que distinguilos.
Saúdos.

 
At 10/10/2009, 02:37 , Anonymous paidovento said...

Vale, eu tamén me entero agora da existencia deste código, e iso que vivo en Vilaguindastre. Pero, para que serve? Para marcar o grosor, a resistencia...?

 
At 10/10/2009, 14:36 , Anonymous aopedofarelo said...

Me encantou a resposta de LEo, do post que fai uns dias....Chea. Dende logo .Sentido comun,¿verdade?, o que nos falta os pais.
E desto dos codgios, pois non sei...PArece que sen les as cousas ian ser menos doada...Pero teño as miñas dubidas. Eu sigo sendo bastante antigo, que queres...gustoame as cousas como sempre e son pouco amigo dos cambios.
Barrio, sempre misma panaderia e comercio, non me gustas grandes superficies, nin cetnro coemrciais, escapo das aglomeracions...etc

 
At 10/10/2009, 23:01 , Blogger paideleo said...

O código nos bloques serve só para identificar ou matricular un bloque. Así poden sacarse baldosas ou outras pezas e poñelas xuntas para que teñan o mesmo tono á vista.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home