leoeosseus

Saturday, 31 October 2009

Calacú 2009


O calacú deste ano descansa no cole do Leo, así como outro calacú plástico para gardar lambonadas, unha bruxa con ameazas e unha capa de vampiro que usou pouco Leo. Alí non pasan frío, nin nós tampouco con este tempo primaveral. O que non descansa é o interior do calacú que foi parar aos nosos bandullos en forma de biscoito de calacú.
Agora espero desfrutar da seguinte festa no calendario: o magosto.

Labels:

6 Comments:

At 01/11/2009, 01:45 , Blogger fonsilleda said...

Mira que somos lambones, non pensamos mais que en comer.
E, que ben o pasamos.
Bicos

 
At 01/11/2009, 12:55 , Blogger Kaplan said...

Si, a miña xa me estivo contando todas as peripecias do samaín na escola e fóra dela. Eu, como verá no meu blog, sigo co bico torto tanta manifestación

 
At 01/11/2009, 12:59 , Blogger An said...

quedouche moi ben, eu ei facer logo biscoito de calacus, que este ano case non prantamos outra cousa XD E interesante ver no que trocou o costume celta de alumear as casas no samain cunha calaveira. Saúdos...devoche un meme

 
At 01/11/2009, 15:14 , Anonymous Zeltia said...

non sabía eu ese nome de calacú.
cando eu era nena na miña aldea non se prantaban cabazas desas.
nin se comían tampouco!
agora gústame o puré de cabaza (mesturado con outras hortalizas)
pero non teño moito costume de comela.
e en canto á festa de halloween, eu sempre a seguín coma unha festa extranxeira...
claro que, tendo nenos na casa, e imposible non integrarse.
pero... benvido todo o que sexa festa!

:-)

 
At 01/11/2009, 20:12 , Blogger Meninheira said...

mmmmmmmmmm biscoito de cabaza, nós fixemos chulas :)

(Xa podes ir pondo a receita eh? hehehe)


bicosssss


(Por certo, eu sempre pensei que o calacú era a cabaza esa brava que se lle da ás bestas)

 
At 01/11/2009, 22:26 , Blogger An said...

si meu, por a receita por que hioxe estragamos un kilo de calacu seguindo unha de internet
:) Saúdos

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home