leoeosseus

Sunday, 20 September 2009

Vendima 2009



As uvas albariñas xa foron para a adega ao prezo de 1,20 euros o quilo ( algo ridículo se comparamos coas 250 pesetas que daban naquel tempo das pesetas ). A partir do xoves a adega abre para as uvas treixadura e, de momento, só se pode vendimar para casa as tintas e brancas híbado. Nesta fin de semana tocou vendimar as tintas para casa das que creo que houbo muito e ben maduro e san anque ás veces aparecía unha uva verde " coma un fumagho " que a avoaM non me soubo explicar que será iso tan verde. E alá quedaron a ferver tres tinallas plásticas de 1000 quilos de uvas de distintas castes como gharnacha, xaque, mencía, barrantes, etc, etc. Na foto ( ben ruin, por certo ) saen uvas Espadeiro coa marca esa que di avóM que é unha espada debuxada e daí vén o nome. Son uvas algo ácidas e de ghraíña grande pero que vai ben para o viño.

O Leo pasou a súa primeira vendima debaixo das viñas. Démoslle dúas mazarocas de millo verrouchiño ( pequeno ) e alá enredou a debullar os granceiros sentado nunha chaqueta. Aguantou ben nas diferentes fincas e así quedou espichado a durmir na volta do coche.

Labels: , , , ,

7 Comments:

At 21/09/2009, 00:03 , Blogger Meninheira said...

qUE Dios me perdone pero a miña uva favorita é "a catalana" (do viño non gosto, ops!). :D

biquiñoss

 
At 21/09/2009, 02:24 , Blogger brabido said...

Pois nos os de Areas(ponteareas)o que temos é jaca pura e dura,algo de variedades ae pero en pouca cantidades,o que se fai a veces e comprar uvas de toro ou mencia pa quitarlle un pouco a acidez.

Vou ter que inxertar albariño da mais resultado.

PRAADIANTE

 
At 21/09/2009, 14:06 , Blogger An said...

Eu vou agora a vendimar XD SAúdos

 
At 21/09/2009, 14:08 , Blogger Carlos Sousa said...

Aí en Arbo si que tedes clases de viño. Como che dixo Brabido, a Jaca aquí é a que domina, pero fai un tinto...
De momento nos aínda non empaezamos a vendimar, pero seguro que nos leva menos tempo ca vos (para iso temos menos).

Un saúdo, e non lle botedes augao ó viño...

 
At 21/09/2009, 19:22 , Blogger Barreira said...

Vaia clase de viticultura!!!. Pois nós ainda a faremos a primeiros de outubro.
Saudos.

 
At 21/09/2009, 23:46 , Blogger Chousa da Alcandra said...

A vendimia é moi dura para min. Eu apúntome a beber o viño despois; vale?

Apertas

 
At 22/09/2009, 19:11 , Blogger Eva G. Rei said...

A foto dese acio paréces á uva que na miña terra chaman "catalana" que, por certo, tamén fai un viño branco moi ácido e de cor escura. Seguro que é a mesma que di Meninheira. Pero ese viño haino que tomar de novo, que despois "bótase a un".
Igual por iso, e porque a Xunta hai anos que pagaba por arrincar as cepas (que seica é unha caste híbrida), moita xente plantou albariño e deixou o catalán.
Eu aínda teño nas "Cucas", unha parra que herdei de meu pai e que coida unha curmá.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home