leoeosseus

Friday, 25 September 2009

Historias do Couto


Onte tocou vendimar treixadura no Couto, un lugar coa súa historia que daba para unha telenovela.
A finca, a casa e muito máis era dunha tartaravoa de Leo pero muitos dos terreos pasaron a outra xente. Un matrimonio da familia tiña un fillo deficiente. A muller acabou por morrer e o home xuntouse con outra muller que tiña un fillo. O home apareceu morto misteriosamente no río e o fillo da arrexuntada conseguiu os títulos de propiedade de todo pero pouco lle valeu que tamén tivo unha mala morte despóis de malvendelos. Agora podería recuperarse todo pero é mui complicado. Na familia só queda este casoupo, o eido do redor e un par de sucalcos.
Con historias así non me extraña que haxa veciñas que aínda hoxe notan a presencia da tartaravoa por este lugar.

Labels: ,

8 Comments:

At 26/09/2009, 03:19 , Blogger Ana said...

Pues si que e rara a historia.
E complicada tamén,jeje
A ver se dou conta do recado, o fillo da arrexuntada fue o que quedou coa propiedad. Mais donde esta o fillo legitimo, o que era deficiente?
Si que da pa unha novela, e de medo, xa imagino a tartaravoa "aparecendose" a familia esa, e provocando morte trás morte,jeje

Esto pasa por non dar dormido, se me va a "perola",jeje

Bicos

 
At 26/09/2009, 11:22 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Pero seguro que as uvas desa propiedade, despois do proceso da fermentación, purifican toda historia e fan un viño caralludo.

 
At 26/09/2009, 11:32 , Blogger abueloscrisytoño said...

Viríanos ben o teu voto, podes pasar polo meu blog?
Grazas, un saúdo A.Cris

 
At 27/09/2009, 07:39 , Anonymous chelo said...

Felicidades o Leo por eses 3 aniños que cumple hoxe, que pasedes un bo dia.
Bqñs.

 
At 27/09/2009, 17:35 , Blogger Barreira said...

Estou dacordo con Chousa. E logo de catalo, seguro que ata recuperades o resto de propiedades.
Saudos.

 
At 28/09/2009, 09:36 , Blogger abueloscrisytoño said...

Impresionante historia, e se morreron todos de quen son agora os terreos?
Moitas felicidades para Leo polo seu aniversario, e aos seus papás tamén. Esperamos poder felicitalo persoalmente un día destes. Moitos bicos.

 
At 28/09/2009, 13:24 , Blogger Moraima said...

Onte non estiven cara a cara co pc.. así que hoxe, aínda que chego tarde... Parabéns pra Leo!!

 
At 28/09/2009, 20:22 , Blogger vintxuca said...

véndelle o guión a Amenabar...hehehe que iso da para unha boa peli. Un saudo enorme.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home