leoeosseus

Thursday, 27 August 2009

Trinta e cinco meses



O Leo chega hoxe aos trinta e cinco meses de vida e nas fotos podes ver os cortes de pelo que tivo este último mes. Primeiro tíñao longo e saiu sorrindo ao pai e logo teno curto e mostra o sorriso que lle adica á nai.
Agora mesmo está desfrutando das vacacións a 170 quilómetros de min e a esa distancia estivo case todo este mes. Eu teño que traballar e sentir o silencio da vivenda e conformarme con estas imaxes do meu pequeno.
E a vida segue !.

Labels:

15 Comments:

At 27/08/2009, 08:02 , Blogger Carlos Sousa said...

Algo tranquilidade non está mal, pero bótanse en falta en seguida.

Está precioso con esa cariña risueña, e ten unha pintiña de traste... Dentro de un mesiño, tres aniños, case nada.

 
At 27/08/2009, 10:30 , Blogger Veloso said...

Vese que os rapaces de hoxe se independizan cada vez antes. Aproveita o silencio destes días, aínda que comprendo que se che faga raro. Agradezo moito que vaias poñendo cada certo tempo a idade de Leo, porque resulta que o teu neno e a miña afillada Aldara naceron o mesmo día; así resúltame máis fácil non esquecer ningunha data importante. Saúdos dende o Douro.

 
At 27/08/2009, 12:24 , Blogger Ana said...

Como creció desde a prmeira foto que vi, fai ya muito tempo.
Ten unhos mofletes que dan ganas de peliscar,jeje

Se le ve muy sanote e espabilado,saldrá o padre verdad?
Jejeje

Bicos

 
At 27/08/2009, 16:50 , Blogger Suso Lista said...

Nunca chove a gusto de todos. En vez de disfrutar da tranquilidade, súfrela.Apertas fortes

 
At 27/08/2009, 19:16 , Blogger An said...

Crece ben espelido por o que parece. Saúdos e apertas

 
At 27/08/2009, 23:42 , Blogger Merce said...

E que ben se vé, san e cheo de ledicia :)

mmmm nostalxia? verdade e que se lles bota moito en falta, o ruido na casa e fundamental :)

e comprendo isa especie de morriña

Bicos :)

 
At 28/08/2009, 01:00 , Blogger elvira carvalho said...

Quase a fazer três anos. Um homenzinho.
Parabéns.
Um abraço

 
At 28/08/2009, 11:46 , Blogger Mar e Lúa said...

Pero que guapo! Este neno medra por días!!! Xa verás como cando volvan non se separa de ti nuns días ;) Ánimo, que axiña pasa o tempo.
Apertas

 
At 28/08/2009, 12:06 , Blogger Kaplan said...

Non se preocupe polas distancias: o cariño non entende delas

 
At 28/08/2009, 12:33 , Blogger TXARI said...

a distáncia, a melancolía, a tranquilidade, rtabén desexarás n adistáncia máis a volta do neno coa nai!!!! sentimentos adversos!

 
At 28/08/2009, 17:07 , Blogger zeltia said...

qué pillaban!
guapo co pelo longo
guapo co pelo corto
non digo que coma o pai
porque non te coñezo.-

e que ese buratiño de nostalxia non che faga perder de vista a ledicia de disfrutar da propia compañía dun mesmo.

 
At 28/08/2009, 20:53 , Blogger abueloscrisytoño said...

Pobre papá, polo menos poderás ir os fins de semana non?
Leo esta guapísimo

 
At 30/08/2009, 01:08 , Blogger Antón de Muros said...

Parabéns polo rapaz!
Aproveitade que é pequeno, eu sei o que vos digo ;-)

Lembra eses momentos de silenzo na casa cando Leo faga barullo ;-)

Unha aperta.

Antón.

 
At 30/08/2009, 11:53 , Blogger Chousa da Alcandra said...

A volta de calendario xa fai tres anos!!.
Xa podedes ir preparando a tarta.

 
At 30/08/2009, 13:44 , Anonymous peke said...

Como pasa o tempo! Ánimo.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home