leoeosseus

Monday, 17 August 2009

Crónicas praieiras


Por esas terras do noroeste pode acontecer de todo. Un visón baixou polas rochas, nadou na auga salgada cinco metros, entrou nunha furna e apañou un cangrexo. A xente que o viamos estabamos abraiados e fomos bautizándoo a medida que avanzaba: gato, rata, ardilla, donosiña, hurón, comadreja, visón e incluso bisonte !. Foi mágoa non ter a cámara a tiro.
Á noite houbo festa e o Leo non o pasou mui ben nas atraccións. Tamén houbo tirada de fogos artificiais impresionante con música e todo. O Leo, ao primeiro tiña medo, pero logo case durmía e todo admirando o lucerío.
Tamén houbo buracos na area, paseo en pedaleta, busca e aprendizaxe de mexillóns, caramuxos, lapas e arneiróns; cafés con xeo, xeados e cervexas.
Ata pillei a uns veciños de toalla contando unha anécdota sobre un alcalde da zona que leva muitos anos gobernando pero que mete bastante a pata á hora de falar.
Estaba o tal alcalde dando un mítin e dixo: " Estos años hemos picheado muchos caminos ". Un secretario intentou correxilo: " Asfaltado, señor alcalde, asfaltado ". E o alcalde pronto remendou: " Bueno, si le he faltado a alguien que me perdone ".

Labels: , ,

11 Comments:

At 18/08/2009, 00:33 , Blogger Kaplan said...

Está vde seguro de que non foi o alcalde picheador o que viu bisontes no mar?
(Por certo, que envexa que o lean en China) :-)

 
At 18/08/2009, 08:25 , Blogger Eva G. Rei said...

Iso do alcalde lémbrame aquel conto do cura e o sacristán (que tivera que dicir misa por estar o cura indisposto), e cando contaba a parábola de Lázaro dixo: "y Lázaro se levantó y andó". E o cura, que estaba agochado, corrixiuno dicindo: "andó no, anduvo". E o bo do sacristán dixo para todos: "bueno, anduvo jodido, pero andó".
En fin, como diría o Caneda: "estamos de caspa caída" coa clase política...

 
At 18/08/2009, 14:19 , Blogger An said...

E pensáchedes que o mellor era unha lontra o que víchedes, daquí a unha parte haiche moitas pola miña vila,iso é bo, quere dicir que a auga volta estar limpa :D Saúdos e bo verán

 
At 18/08/2009, 17:22 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Os alcaldes poden faltar. O que non poden é sobrar (como en cada vila somente hai un...)

 
At 19/08/2009, 00:05 , Anonymous F. Míguez said...

Estamos en boas máns, seguro...

 
At 19/08/2009, 04:50 , Blogger Shucran said...

Hahaha moi boa a o do alcalde.
Os animaliños tamén queren ir de excursión =)
Saúdos!

 
At 19/08/2009, 16:33 , Blogger Ana said...

Este ano, ainda non fui a praia de noite. E se ten fogos menos, tenho panico,jeje
O do alcalde inmemorable,jajaja

Bicos

 
At 19/08/2009, 21:08 , Blogger Carlos Sousa said...

Foi unha pena non lle sacaras a foto ó bisonte, sería moi boa.

Tanto coma a do alcalde, haiche cada un...

 
At 20/08/2009, 17:04 , Anonymous paidovento said...

Boísima a anécdota do alcalde. Con respecto ao visón, nós vimos un hai un par de anos no río Arnoia. Eu daquela confundino cunha lontra, e é que a bioloxía non é o meu. Alégrome de que o pases ben.
Unha aperta.

 
At 21/08/2009, 00:01 , Blogger Raposo said...

E unha foto do alcalde picheando o bisonte, que??!!

 
At 22/08/2009, 20:41 , Blogger busto.agolada said...

UNha fermosa crónica praieira cun remate moi simpático. OS políticos,(entre eles os aclades) ao falar tanto meten a pata a miúdo.
Saúdos e bicos para o Leo que xa gusta das festas.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home