leoeosseus

xoves, 12 de febreiro de 2009

Un pouco de relax

Despóis de varios posteos sobre temas escabrosos escribo unhas curiosidades topadas pola rede adiante coa súa foto correspondente para relaxarmos o corpo.

1. É imposible lamberes o teu propio cóbado.
2. Os crocodilos non conseguen sacar a lingua fóra.
3. Os camaróns teñen o corazón na cabeza.
4. Foi efectuado un estudo a 200.000 avestruces durante 80 anos, e non houbo ningunha delas que tivese tentado enterrar a cabeza na area.
5. É fisicamente imposible para os porcos ollaren para o ceo ( ceo directamente por cima das súas cabezas ).
6. Máis do 50% das persoas no mundo nunca fixeron ou recibiron unha chamada de teléfono.
7. Os cabalos non conseguen vomitar.
8. Os elefantes son os únicos mamíferos incapaces de saltaren sobre as súas patas.
9. Se espirras con demasiada forza podes partir unha costela. Se sostés un espirro, podes rebentar unha vea do pescozo ou da cabeza e morrer e se mantiveses os ollos abertos á forza, poderían saltar das súas órbitas.
10. Os ratos reprodúcense tan depresa que unha parella de ratos poderá ter máis dun millón de descendentes no espazo de 18 meses.
11. O uso de cascos de música durante 1 hora aumenta o número de bacterias no ouvido en cerca de 700 veces.
12. Se o goberno norteamericano afirma non ter ningún tipo de coñecemento da existencia de extraterrestres, por que no Código das Regulacións Federais Americanas no Título 14, sección 1211, engadida en xullo de 1969, está expresamente proibido e penado por Lei que calquera cidadán norteamericano teña calquera tipo de contacto con extraterrestres ou cos seus veículos de transporte ?.
13. O cuac dos patos non fai eco. E ninguén sabe o porque.
14. O 23% dos problemas coas fotocopiadoras en todo o mundo, son provocados por persoas que se sentan enriba delas para fotocopiaren as súas partes.
15. A maioría dos surimis ou palitos de cangrexo teñen escamas de peixe na súa composición.
16. Así como as impresións dixitais de cada persoa son únicas, tamén as impresións da lingua son un rasgo de identificación único.
17. Máis do 75% das persoas que leron este posteo tentaron lamber o seu propio cóbado.

Etiquetas: ,

12 comentarios:

Ás 12/02/09, 11:00 , Anonymous Anónimo dixo...

Que curioso o da lingua. Nunca oira tal cousa...

 
Ás 12/02/09, 11:46 , Blogger fgul dixo...

ostia!! manda carallo; Así que se reteño un esbirro podo morrer.

...esbirrarei moi forte a partires de agora ainda que tronce unha costela.

Unha forte aperta.

 
Ás 12/02/09, 12:47 , Blogger Mer dixo...

A imaxe moi relaxante, sí.
1.Tan pronto lin o punto un déronme ganas de lamelo meu cóbado, pero estou nun sitio público, só por iso afastei inmediatamente esa idea do cerebro.
3.¿ Ao comer marisco chuchámoslles os corazóns aos camaróns?
4.¡Manda carallo co das avestruces! Eu xuraría telas visto coa cabeza enterrada nalgún documental, ou simplemente vinas nalgún debuxo, máis ben.
13.Iso to eco do cuac sorprendeume de verdade. ¿ Por qué será?

Uns post moi entretenido.

Unha aperta

 
Ás 12/02/09, 15:36 , Anonymous Anónimo dixo...

Non tiña ni idea da n.13 e entroume un risa floxa,que parvada, mais curiosa.Pero coa n.14, quen debeu facer eco cas risas fun eu.
Que cousas fai a xente...será verdade tal?!.O

 
Ás 12/02/09, 19:53 , Blogger Suso Lista dixo...

Curioso todo, salvo o 17, (eu non o intentei... aínda),e o 5, que non sei se recordas un par de posts meus cas fotos dos porcos especialistas en caza de pluma, je je.Aperta forte

 
Ás 12/02/09, 23:21 , Anonymous Anónimo dixo...

Eu fun unha dese 75%

 
Ás 13/02/09, 11:12 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

a número 17 é xenial! (eu son das que non, por vagancia).


Bico!

 
Ás 13/02/09, 17:06 , Blogger An dixo...

pois eu non o intentei,hahahahaha, inda que estou tentado....:D o dos extraterrestres esta moi ben, si son macizas e estan cañon mellor, asi tocamos a máis :D Saúdos e apertas artista.

 
Ás 13/02/09, 23:59 , Anonymous Anónimo dixo...

o 9 sabíao e o 14 sospeitábao; o 6 non me sorprendeu nada. por outro lado, empezo a pensar que abandonarei o consumo de surimi unha temporada

 
Ás 14/02/09, 02:14 , Blogger Merce dixo...

jajaja moi boa esa entrada, a partir de ahora cando teña catarro no me penso conter, uy uy uy at aaaaatttttt chuaaaaaaa

Biquiños :D

 
Ás 16/02/09, 12:29 , Blogger Carlos Sousa dixo...

O das fotocopiadoras e xenial, mira polo que lle da a xente, despois colgarían a fotocopia no salón?

 
Ás 18/02/09, 22:02 , Anonymous Anónimo dixo...

Je, je, je...Eu o do cóbado non que o meu non é a flexibilidade...
Pero sorprendeume o dato do teléfono.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio