leoeosseus

domingo, 28 de decembro de 2008

Vintesete meses ( e un día )



Os días de festa pasan lixeiros e enleados entre visitas, paseos e comidas. O Leíño chegou aos seus vintesete meses e non tiven tempo onte para escribir no blogo. El segue avanzando pese ao pouco que come. Da teta case non se lembra pero está feito un adicto aos postres e o chocolate. Gústanlle os contos repetidos ata o infinito como o de Pinocho e Peter Pan. Gústalle xogar coa granxa dos Lunnis e ir á mesa co neno Xesús, a vaca, o burro e a galiña e pide que lle cantemos as cancións de Miliki: Había una vez un circo " Había sírcolo ", Susanita " Ratón titín ", La Gallina turuleca " Ghaliña teca e ovos ". Sabe que mamá ten unha nena na barriga ( ao primeiro localizábaa polas tetas ) e sabe como se chama porque lle demos a escoller entre os nomes de Sabela e Xiana e dixo: Xiana.

Etiquetas: ,

34 comentarios:

Ás 28/12/08, 23:17 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Que siga cumplindo meses, que logo tocaralle anos e iso xa pesa máis. O de ata o infinito, sein ben o que é, pero faise sen problemas.

"Xiana", soa moi ben, moi noso. Agora vai pensando nome para o seu blog.

Un saúdo.

 
Ás 29/12/08, 00:00 , Anonymous Anónimo dixo...

si que está un mozo o leo! da comida non se preocupen, aínda que níngún pai no mundo o crea medrar medran igual (tamén vexo que andan no hitparade dos éxitos de sempre coa gallina turuleta a susanita).
canto ao nome da nena, non está nada mal.

 
Ás 29/12/08, 02:14 , Blogger George Amorim dixo...

Como pasa o tempo,verdad?
DE repentan xa son unhos hombrecitos.
Esta fermoso!

E non te preocupes, xa lle gustaran de novo as tetas,jejeje

Por certo,o nome de Xiana gustame moito.


DESEOS FELICES FESTAS E BON ANO NOVO

 
Ás 29/12/08, 02:36 , Blogger mamiago dixo...

Precioso nome!

 
Ás 29/12/08, 13:17 , Blogger An dixo...

Poius meu...visto o visto, desexovos que a ledicia estea sempre convosco, no somenstes o ano que ven...se non sempre. Bo ano

 
Ás 29/12/08, 14:08 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Un nome ben bonito o elexido!!!.
E penso coma Ana cando comenta que non te preocupes, que xa lle volverán gustar de novo as tetas! jajajaja

Feliz Ano Impar!!!!

 
Ás 29/12/08, 19:30 , Blogger busto.agolada dixo...

Felicidades por eses 27 meses tan ben cumpridos. Con tanta canción que lle aprendedes fai unha boa aprendizaxe para cantador. E ademais axudouvos na disxuntiva co ome da irmá. Sabia elección. De elixir o outro tamén acertaría.
Moitas apertas.

 
Ás 29/12/08, 22:45 , Blogger Eva G. Rei dixo...

Xa sabía eu que o Leo había ter bo gusto (igual nos pasou a nós con Xesús). Creo que é precioso. Parabéns.
Que facedes no fin de ano?

 
Ás 29/12/08, 23:34 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Xiana é un nome bem bonito! Noraboa pola elección do Leíño :)


Fíxome gracia o das pupieriñas porque na procura de información en San Gugel atopei moitas referencias o teu blogue :DDDDD

Un bico e feliz aninovo :)

 
Ás 30/12/08, 02:18 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

Por dios, que cariña de truhán ten. ains :D


Feliz 2009 para toda a túa family tamén.

 
Ás 30/12/08, 12:13 , Anonymous Anónimo dixo...

PEro que crecido está!!! esa foto lémbrame a unha que teño do meu irmán xusto antes de facer unha das suas...

Feliz 2009!!! ;)

 
Ás 30/12/08, 17:00 , Blogger Torreira dixo...

Este Leo e patrimonio do blogomillo.Feliz ano e feliz xiana pai.Apertas

 
Ás 30/12/08, 21:09 , Blogger Peke dixo...

Feliz aninovo e feliz crecemento.

 
Ás 31/12/08, 00:06 , Anonymous Anónimo dixo...

Menudo mangallón está feito.
Empezade o ano con bo pe, que pinta cheo de ledicias para vos.
Unha aperta.

 
Ás 31/12/08, 00:34 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Ese Leíño ten cara de pillabán, o dos contos repetidos ata o infinito, seino ben e as películas, etc... nos sei porque lles gusta tanto aos nenos ver e escoitar mil veces as cousas.
Gústame o nome de Xiana.
Bicos.

 
Ás 31/12/08, 10:14 , Blogger Mer dixo...

Qué fermoso está o Leo, fáiseme raro ter visto a súa evolución, agora xa é todo un homiño.

Estes días ando sen tempo para ler os blogues amigos, pero entro un anaquiño para polo menos desexarche que entres con bo pé no novo ano.

Felices festas.

Bicos.

 
Ás 31/12/08, 18:30 , Blogger insomniorizar dixo...

xenial!jjje, encantame xiana.

felis anonove!

e o das tetas dijo o mesmo que o chousa! xa lle justaran, jejje!

 
Ás 31/12/08, 18:32 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Feliz ano, que xa ves que ven cunha nova ilusión.
Que o pases ben esta noite, tanto sexa en Porriño, como en Arbo ou onde sexa.

 
Ás 31/12/08, 19:00 , Blogger rui dixo...

Bonito o nome. Así que este será tamén un ano especial, o ano da Xiana.
Feliz ano!

 
Ás 31/12/08, 19:04 , Blogger emereci dixo...

Feliciano tamén para vós... Que o 2009 veña cheo de risos co Leo e coa Xiana!!!
Bkñs

 
Ás 31/12/08, 19:47 , Blogger La queue bleue dixo...

Que o ano venha cheio de cousas boas!

 
Ás 31/12/08, 20:04 , Blogger tertulias para perogrullos dixo...

Hola"!!! Feliz aninovo, ogallá sexa tan probeitoso como este que marcha ou mellor aínda.
Unha aperta para vós e para o Leíño

 
Ás 31/12/08, 20:06 , Blogger Bota de Chaplin dixo...

Feliz ano Paideleo e familia. Unha aperta

 
Ás 31/12/08, 21:32 , Blogger O Breogán de Gáidil dixo...

Pasa boa noite ti tamén en familia, Rei de Grania.
Bicos para os tres.

 
Ás 31/12/08, 22:45 , Anonymous Anónimo dixo...

así que xiana.... :)
léote e estou vendo o mesmiño ou case o mesmo que fai sabela.
gozade da maxia do neno, porque esa si que é única.
feliz ano novo

 
Ás 01/01/09, 03:05 , Anonymous Anónimo dixo...

feiz ano novo para todos (serao sen dúbida, con esa nena en camiño)

 
Ás 01/01/09, 14:08 , Blogger torredebabel dixo...

Vaia por deus!!! eu ainda lembro cando soubemos que era el quen estaba na barriga. Benvida a Xiana e noraboa a estes pais que agardan por ela. Vai ser unha nena fermosa como o irmán e sobre todo unha nena moi afortunada cunha familia coma esta. Apertísimas dende esta beira, Paideleo!!!

 
Ás 01/01/09, 18:00 , Blogger As Tertulías dixo...

Bom este teu espaco, aqui. U belo 2009!!!
Ricardo

 
Ás 01/01/09, 23:02 , Blogger Cuspedepita dixo...

Mira que bo axudante ides ter para coidar de Xiana! :-))
Que teñades un moi bo 2009 todos !
Non cabe dúbida que será un ano moi importante para a vosa familia :-))

Biquiños

 
Ás 02/01/09, 00:40 , Anonymous Anónimo dixo...

que teñas un bo 2009

 
Ás 02/01/09, 01:30 , Blogger Raposo dixo...

Parabens o Leo por eses vintesete meses e feliz 2009 para todos vos.

 
Ás 02/01/09, 12:29 , Blogger ValdoLouro dixo...

Feliz 2009 para Leo e os seus. Xa agardamos para ler Xianaeosseus. Moita saúde para todos.

 
Ás 03/01/09, 14:44 , Blogger Aurora Cascudo Román dixo...

bon ano, que non te desexara..para ti, Leo, a tua muller e a nena que ven...e todos os teus..saúde e sorte!
;)
bicos

 
Ás 03/01/09, 19:12 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Depois de uns dias de ausência, (desta vez foi o pc que foi para o hospital) estou de regresso.
Agradeço-lhe e retribuo os votos de bom 2009.
Um abraço e bom fim de semana


E o Leo cada dia mais bonito, e mais homenzinho.
E com a mana tudo bem?
Um abraço

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio