leoeosseus

venres, 5 de decembro de 2008

Nomes


Agora toca buscar nome para a nena e non semella tarefa fácil. Queremos un nome curto e sinxelo de escribir e dicir.
O que trataremos é non pór un nome rimbombante como " Cunter's " que chega a existir en inglés e sería conecheiros.

Etiquetas: ,

22 comentarios:

Ás 06/12/08, 01:01 , Blogger George Amorim dixo...

A mí gustame moito os nomes de Mar, Antia, Iria ....son cortitos e bonitos.

Bicos

 
Ás 06/12/08, 02:24 , Anonymous Anónimo dixo...

Noraboa! Se sodes uns artistas, mira que unha nena. Así saberedes de primeira man que as mulleres son malas xa dende que nacen (é broma, as nenas son simpáticas coma elas soas).
En canto ao nome, hai moito onde escoller. Eu creo que lle deberiades poñer un da terriña. En caso de dúbida, tamén lle podedes preguntar a Leo.

 
Ás 06/12/08, 02:50 , Blogger Eva G. Rei dixo...

É unha tarefa difícil a de escoller o nome, pero aínda hai tempo. Sempre podedes preguntar a Leo (como di Paco). No noso caso foi Xesús o que propuxo o nome de Uxía. Persoalmente prefiro nomes da terriña, que sexan doados de dicir e curtos, por exemplo: Xela, Maruxa, Alba, Irimia, Iria, Xandra, María, Carme, Noela, Mar,...

 
Ás 06/12/08, 05:14 , Blogger Mario dixo...

Eu vivo isto cada vez que lle teño que poñer nome a un/ha personaxe. Recoñezo que quedei especialmente satisfeito con Lía. Que ademais de ser diminutivo de Rosa-Lía é o xeito no que o acurtaría unha rapaza esencialmente xenial.

 
Ás 06/12/08, 12:21 , Blogger Unknown dixo...

bom fim de semana
beijos

carla

www.arte-e-ponto.blogspot.com

 
Ás 06/12/08, 14:08 , Blogger insomniorizar dixo...

xela, a min gústame, pero tamén Ana, ou Xiana, ainda que xa é longo.

Lúa, tamén!

 
Ás 06/12/08, 15:02 , Blogger Antón de Muros dixo...

Non é doado elixir un nome do universo dos nomes...

Escoitade consellos, pensade moito, e sairá o máis apreciado :-)

Unha aperta.

Antón.

 
Ás 06/12/08, 20:11 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Sí que é complicado elexir, si. Pero eu son dos que pensa que -quitados os atentados conecheiros- o nome faino despois a persoa. Á que agora non podedes imaxinar que o Leo se chame doutro xeito?. Así pasará coa nena tamén cando vos decidades.
Dos que vos propuxeron hainos moi chulos; pero voume decantar neste caso por LÍA.
(Leo e Lía...será moita cafofonía, ou será unha virguería?)

Ala, xa tedes outro lío. jajajaja

 
Ás 06/12/08, 21:10 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

No meu blogue hai unha lista de nomes galegos de muller, se a precisades xa sabes :)

 
Ás 06/12/08, 23:30 , Blogger Bota de Chaplin dixo...

Unha sorte para o Leo ter unha irmá. Tamén imos dar un par de ideas para o nome. Navia. Ou Uma: Coma o río de Ponteareas.

Unha forte aperta

 
Ás 07/12/08, 10:23 , Blogger An dixo...

sorte con elo...penso que é algo moi peersoaal para meteerme a darche opinións...agoraa ben...existe un libro dos nomes galegos que ch pode ir ben...se queres empresstocho. saúdos

 
Ás 07/12/08, 14:22 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

A min gústame Moraima, Amara e Alsira. Creo que non cumpren o que buscas jaja.

BIcos.

 
Ás 07/12/08, 20:58 , Blogger busto.agolada dixo...

Se te deixas guiar polos blogueiros vas ter un enorme lío porque van ser moitas as propostas e todas ben razoadas.
Velaí a miña: Unha ANA coma a outra que tés na casa. Aprenderao a dicir axiña, ten fácil ortografía e ademaís é palíndromático (lese igual ao dereito que ao revés) e ten tres letras (que é un número cabalístico). Digo coma outros poñede aquel que vos guste a vós que a nena vestirá o nome coa súa personalidade.
Moitas apertas.

 
Ás 08/12/08, 00:07 , Blogger Cuspedepita dixo...

A min gústanme os nomes de sempre, e que teñan un significado fermoso.
Pero eu sonche moi rariña cos gustos ;-)

Unha aperta

 
Ás 08/12/08, 01:22 , Blogger Mr Tichborne dixo...

Que sexa curto, pensa nos teclearán w3.leoe(aquíonomedapícara)eosseus.blogspot.com!

Noraboa e síguenos contando. Non esquezas de Leíño, que non colla ciumes.

 
Ás 08/12/08, 12:07 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Busca e acharás, cuado menos o esperedes aparecerá.
Inés naceu en xaneiro Vimos no calendario os dese mes e escollemos o que máis nos gustou.

 
Ás 08/12/08, 16:47 , Blogger Bea dixo...

como sa che dixen... gustame Sabela e Lua. Un bico e sorte co nome ;)

 
Ás 08/12/08, 20:36 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Chego tarde a este blog, pero gostaríame dar a miña opinión. Hai case tres anos estábamos na mesma dúbeda. As opcoións eran tres, sinxelas e curtas; Ana, Carmen e Lola (aínda que pareza raro). O final decantámonos por Ana, que xa cho mirei en varios exemplos.

Poñas o que poñas, como dín por ahí, logo non te imaxinarías chamala doutra forma.

Un saúdo.

 
Ás 09/12/08, 16:03 , Blogger Bea dixo...

sa= xa* :S

 
Ás 09/12/08, 18:16 , Blogger Mer dixo...

curto e sinxelo de escribir e dicir: segundo esta definición ocórrenseme Ana, Mar e Eva

Gústame moito Maruxa

 
Ás 16/12/08, 01:19 , Anonymous Anónimo dixo...

Coido que aínda cheguei a tempo,l agorta a cuestión é que me leas, jeje.
Cóntoche a minha historia. Os meus fillos chámanse Uxio e Iria, mira ti que casualidade, tres vocais e unha consonante, desto deime conta máis tarde. Uxio ou Xacobe eran os nomes escollidos para o neno e Iria, Sandra e lúa os da nena.

 
Ás 16/12/08, 10:05 , Blogger emereci dixo...

Oooooola. Vivo na póla. Non me enterara deste notición!!!! Parabéns para os tres.
Sobre o nome, apoio a quen prouxo Lía... Paréceme un nome precioso.
Pero e que vai pasar co nome do blogue? Lía terá un blog propio? Serán LeoeLía? LíaeLeo? LíaLeoEosseus?
Que intriga...
Bicolos

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio