leoeosseus

luns, 20 de outubro de 2008

Adaptación do Leo



O Leo de cada vez se adapta máis á gardería e hoxe bailou para os compañeiros. Proba desa adaptación é que agora colle calquera cousa e di: " É mío ", frase que aprendeu alí e que non me gusta. O que si me gustaba era cando decía " nunca " para dicir " non ". Era chistoso. Como é chistoso como din por Arbo para dicir nunca; " cando mexen as ghaliñas ". E co verbo mexar tamén din " ese non mexa pola perneira " para falar dun tipo fino. En fin, cousas que aprende o Leo e o Paideleo.

Etiquetas: ,

13 comentarios:

Ás 20/10/08, 23:42 , Blogger Eva G. Rei dixo...

En Perdecanai tamén din así, sobre todo para dicirlle a un neno que non debe falar mentres falan os maiores: "ti vas falar cando mexen as ghaliñas".
Un tío meu, para dicir que alguén é moi fino, ou se é muller e presume moito di: "a esa fáiselle a merda no cú ghaseosa".

 
Ás 20/10/08, 23:47 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

E tamén temos a de "mexan por nós e din que chove". Ou a versión de "vai mexar!" pra mandar a alguén a "paseo"

Seica o Leíño xa se vai adaptando á xungla né?

Un bico :)

 
Ás 20/10/08, 23:59 , Blogger LM dixo...

na minha zona disse "cando voen as galiñas". nom se utiliza o verbo mexar...
nom te apures pola fase do mío que em quanto descobrem que tenhem mais beneficios compartindo logo se lhes esquece.
beijos

 
Ás 21/10/08, 01:23 , Blogger oko dixo...

debe de estar ben riquiño dicindo esas cousas ;)

 
Ás 21/10/08, 09:58 , Anonymous Anónimo dixo...

Un amigo meu di ¿e lojo, onde se pode des-beber por acá?, e teño outro que o condenado sempre intentaba escribir o seu nome no aire cando mexaba, jaja
Cando era neno e algún alimento non me gustaba, minha nai decía que non mo pasaba o mexadoiro.
Tamén sempre escoitei o de mexarse de risa polas pernas arriba, que non ten moito sentido, porque en tal caso sería polas pernas abaixo, pero bueno...

 
Ás 21/10/08, 10:39 , Blogger Peke dixo...

Eu tamén coñezo a expresión de cando mexen as galiñas para dicir nunca.

 
Ás 21/10/08, 14:54 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Pois polo Centro Xeográfico, para decir que unha persoa non aporta nada á comunidade, decimos que "este pon igual ca o galo: os pes no chan".
O da alusión ás mexadas das pitas tamén a teño escoitado.

 
Ás 21/10/08, 18:48 , Blogger Suso Lista dixo...

Aquí tamén se di "Cando as ras crien pelo"

 
Ás 21/10/08, 19:53 , Blogger rui dixo...

O Leo comeza xa a integrarse na sociedade. E polo de é mío non te preocupes, son fases, todos os nenos as pasan.

 
Ás 21/10/08, 20:50 , Blogger Cuspedepita dixo...

Leo ten que defender o seu fronte aos outros :-) Iso significa que empeza ater conciencia de si mesmo como ser diferente e indepedente dos demáis, ¿non che parece?

En canto ao outro tema, sempre ría moito de nova cando a miña curmá dicía que aquelo "é máis difícil que mexar nun botello de colonia "

Bicos

 
Ás 22/10/08, 12:12 , Blogger Lúa dixo...

pois eu non as coñecia...en fin quitalle o é mio canto antes, que senón despois...bicos

 
Ás 29/10/08, 20:06 , Anonymous Anónimo dixo...

sabeliña tamén anda co tema de "míiiiiiiiiiio". así que xa se lle pasará

 
Ás 30/10/08, 10:22 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Non esta claro, pero nunca esta clarisimo.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio