leoeosseus

mércores, 27 de agosto de 2008

Vintetrés meses



Pasa o tempo para todos e para o Leo tamén. Así que hoxe fai vintetrés meses e na foto sae con Quique e a ra que son os seus monecos favoritos. Quere muito a Quique e para comer temos que pórlle o babeiro a Quique tamén para que o Leo non proteste. Segue coa teta e dende que estivo maliño parece que lle colleu máis cariño. No plano físico o Leo está mui alto e anda ben e bota boas camiñadas pero correr non corre muito. Ten algo de medo a subir e baixar escaleiras. Na fala vaise soltando aos poucos e imita palabras á súa maneira. En canto á relacionarse coa xente ten algún medo aos descoñecidos e ponse ledo cos coñecidos pero é raro que dea bicos ou apertas. Gústalle mirar Pocoyó, Epi e Blas, Little People e Os Simpsons pero de alí a un chisco quere xogar con coches , ler contos ou montar pezas do Mega Bloks. Gústalle que lle fagan cóxegas, xogar ao escondite e axudar nas tareas da casa. E así vai.

Etiquetas:

17 comentarios:

Ás 27/08/08, 22:37 , Blogger BK dixo...

Que me vas contar dos Little People, se na miña casa e con tres nenos pequenos, facemos despegar a nave nós sós......jeje. Esta precioso o Leo!!

 
Ás 27/08/08, 23:29 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Qué gusto atopar un neno aleitado con 23 meses na Galiza!! Así está tan guapo, claro ;)

 
Ás 28/08/08, 07:47 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Un mesiño máis e xa terás todo un "homiño" na casa, vaite preparando para a festa do cumpreanos.

 
Ás 28/08/08, 08:25 , Blogger Elianinha dixo...

que grandiño vai!

 
Ás 28/08/08, 12:49 , Blogger Bea dixo...

QUe depresa crece! así da gustO!!!

 
Ás 28/08/08, 13:15 , Blogger Mararía dixo...

Felicidades para Leo, e está moi ben que xa axude nas tareas da casa. Xa correrá a medida que vaia crecendo, jajaj. Un saúdo.

 
Ás 28/08/08, 14:56 , Blogger Mer dixo...

que bonito está, e que grande!!

no medrar dos nenos e onde mellor se ve o paso do tempo, parece que foi onte e mira como estamos

unha aperta moi forte aos dous e a naideleo, gustoume o de que aínda ande coa teta a voltas

 
Ás 28/08/08, 15:53 , Blogger Ana dixo...

Alegrome de ver co Leo esta estupendo,vi uns posts atrás e estaba malito.
Xa queda pouquiño pra cumplir os dous aniños.

E que malandrin non?
Comenza pronto a coller gusto a tetiña,jeje

 
Ás 28/08/08, 19:09 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

que maior! :D que gusto dá. Que aproveite mentres cumprir meses mola tanto. jeje.

 
Ás 28/08/08, 20:10 , Anonymous Anónimo dixo...

Como estilizou! Aínda lembro aquel bochechiño que non andaba e cheíño de lorzas. Agora xa está feito un pillabán.

 
Ás 28/08/08, 20:15 , Blogger vermella dixo...

Agora doullesenso a aquelo que dín as vellas,"eles para arriba e nós para abaixo",está ben bonito o noso neno,parabéns.....

 
Ás 28/08/08, 22:01 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Xa falta pouco para cumprir dous anos,en pouco tempo de nada xa tomaremos un anaco de torta, tes que mercar pronto a càmara para facer as fotos.

 
Ás 29/08/08, 11:56 , Blogger Unknown dixo...

Como medra o bichiño!

Está cada vez máis lindo!
Que siga así de san.

Beijos

 
Ás 29/08/08, 13:51 , Blogger A Conxurada dixo...

Menudo rapazote tes xa...da gusto.

 
Ás 29/08/08, 16:21 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Como sempre Leo muito fotogénico, um menino lindo. Que Deus o proteja e lhe torne a vida leve.
Um abraço

 
Ás 29/08/08, 17:36 , Anonymous Anónimo dixo...

Tedes un meniño precioso.Parabéns!

 
Ás 26/09/08, 10:51 , Blogger Fátima dixo...

Hai que bonito! Dadelle saudos de parte de cousas miñas.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio