leoeosseus

xoves, 28 de agosto de 2008

Paco Atraco



O outro día mirei un personaxe veciño que había ben tempo que non miraba. O rapaz ( agora xa home ) era Paco Atraco, alcume herdado do pai que tiña un bar en alugueiro cuns prezos de verdadeiro atraco. Paco Atraco saiu violento coma o pai e rematou por botalo do piso que era o refuxio da rapaciada do barrio. Paco sería violento pero era un tolo pola limpeza e estaba todo o día a fregar e limpar e tiñamos a porta aberta para todo menos para emporcar. Unha noite paseaba o can e oín os berros pedindo auxilio do Pavas, un rapaz que alcumabamos así porque de pequeno recollía as cabichas do chan e pedía as pavas aos rapaces maiores. Iso, eu oín uns berros que saían do piso de Paco Atraco. Os veciños quedaron dentro dos pisos para non saber de nada anque seguro que as mirillas botaban lume. Timbrei na porta e petei e, de alí a un pouco, abriume a porta Paco e puiden albiscar ao Pavas no salón. O Pavas estaba vermello e cos pés marcados dunha corda. Preguntei que pasara e dixéronme que estaban mirando unha peli. Nela penduraban a un home boca abaixo dun percheiro e o Pavas dixo que era doado de saír desa situación. Tal dixo e o Paco e outro rapaz ataron ao Pavas e deixárono a ver se era quen de soltarse. Intentouno e non podía e logo berraba que o soltasen e eses eran os berridos que eu escuitei.
E este é un acontecido que lembrei deste barrio onde ás veces pasan detalles curiosos como o cicho que sae dunha alcantarilla hai tres anos.

Etiquetas: ,

10 comentarios:

Ás 29/08/08, 00:04 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Pero iso qué é un xeiser??? :O
Eu tamén crecín nun barrio onde a xente tiña esos alcumes, os nenos de hoxe teñen alcumes??

 
Ás 29/08/08, 12:20 , Blogger fgul dixo...

vaia geiser! Sería plan de dicirlle aos turistas que é natural e facerlle pagar por velo.

 
Ás 29/08/08, 14:23 , Blogger Mer dixo...

jaja, moi divertido o conto e o alcume "paco atraco", dignos dunha peli de almodóvar

bicos

 
Ás 29/08/08, 14:53 , Blogger insomniorizar dixo...

jejej, si moi chula a leria. pois contareite leo, que en Fisterra somos moi dados a por alcumes, a min os meu preferidos son.

cuchuné

setepantalóns


haberá que contar estas historias, sei de un poeta fisterran que as sabetodas todas!

 
Ás 29/08/08, 16:25 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

É o amigo um bom contador de histórias.
Um abraço e um bom fim de semana

 
Ás 29/08/08, 18:10 , Blogger amauta dixo...

hurrr...Tache bo o conto!

Un saudo!

 
Ás 29/08/08, 19:40 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Si algo orixinal temos aquí, é a facilidade para poñer alcumes, sobre todo nas aldeas, como te chamen unha vez algo xa estás sentenciado.
O de paco atraco soa moi ben

 
Ás 29/08/08, 22:29 , Anonymous Anónimo dixo...

inda ben que non estaban a ver o harry potter voar cunha vasoira...

 
Ás 30/08/08, 01:55 , Anonymous Anónimo dixo...

E que tiñas uns colegas que pa qué...

 
Ás 30/08/08, 12:14 , Blogger Aurora Cascudo Román dixo...

cantas historias interesantes contas, serás un velliño moi ilustrado, o teu neno está lindo coma un sol, e será o que dirá aos seus..deixa ao abó que conte as suas cousas..pero creo que todos escoitaranas ledos.
un biquiño!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio