leoeosseus

mércores, 20 de agosto de 2008

Non me levan os pés


Nunca darei aprendido de todo o falar de Arbo co esas palabras e expresións tan curiosas. Onte a avoaM estaba a falar cunha veciña de Torneiros e houbo un momento que saíron na conversa as igrexas e a avoa dixo que lle gustaba ir a algunhas pero á de Torneiros si que non lle gustaba. É máis, ela sentenciou o seu parecer cunha frase sinxela e contundente que nunca oíra eu: " A esa iglesia non me levan os pés ".
Na foto sae a igrexa de Arbo, a onde si levan os pés á avoaM.

Etiquetas:

7 comentarios:

Ás 20/08/08, 23:47 , Blogger Bea dixo...

curiosa a frase sip!!!

 
Ás 21/08/08, 13:37 , Blogger busto.agolada dixo...

Aquí na zona do Deza é bastante frecuente escoitar esa expresión. Cando hai un lugar que non chista moito e ao que non se vai de grado, ás veces dicimos "cara ese sitio non me levan os pés".
Saúdos e unha aperta. Está simpático o Leo no canastro novo do avó, é outro xoguete para os dous, avó e neto.

 
Ás 21/08/08, 16:00 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Por eiquí tamén se emprega :)

 
Ás 21/08/08, 22:15 , Blogger oko dixo...

nunca oira tal!!!
(a partir de agora, vou utilizala!)
:D

 
Ás 22/08/08, 04:16 , Blogger torredebabel dixo...

é que non hai poesía mais encantadora que a que xurde da vida, da experiencia e da sabiduría. Apertas paideleo!

 
Ás 22/08/08, 09:17 , Blogger Cuspedepita dixo...

Pois nunca escoitara esta expresión, pero supoño que alude a que hai algo que me impide ir e que non sei moi ben o que é ou non o quero recoñecer, son "os meus pes" os da culpa, non son eu ;-)

 
Ás 22/08/08, 12:03 , Blogger insomniorizar dixo...

jejej, pois eu tampouco a escoitara!
pero gustame, así que ma quedo, jejej!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio