leoeosseus

Monday, 4 August 2008

Fábrica dos soños



Quixo facer uns cartos e foi a Rio de Janeiro. Ollaba o Cristo redentor no Pao de Acucar e soñaba con volver á súa terra e facer un Cristo redentor no xardín. Este soño dáballe azos para traballar máis e máis no mundo da construción. Pasou o tempo e o negocio da construción en Brasil permitiulle o salto para a súa terra onde construiu e construiu. Mercou un almacén á beira do mar e transformouno nun macrochalet cun xardín fermoso e chantou un Cristo redentor de máis de cinco metros ( fíxate na foto á esquerda que hai un señor curioseando ). Á súa nova posesión non puido bautizala máis que co nome " Fábrica dos soños ".

Este é o monumento curioso na praia de Arcade.

Labels: , ,

12 Comments:

At 05/08/2008, 11:05 , Blogger Meninheira said...

Fico sem palabras! :O
Abraiante

 
At 05/08/2008, 11:36 , Blogger Kaplan said...

que deus me perdoe, pero dan ganas de crucificar ao dono. xesús!

 
At 05/08/2008, 13:11 , Blogger A Conxurada said...

A min dáme medo.

 
At 05/08/2008, 18:52 , Anonymous Anonymous said...

Xesús!ese voltou máis pallá que paca.

 
At 05/08/2008, 19:30 , Blogger Carlos Sousa said...

No Porriño tamén hai un Bon Xesús no tellado dunha casa, así como que moi estrafalaria, con bandeiras e outras cousas raras.
Chama a atención, ese que mostras non o coñecía.

 
At 05/08/2008, 23:11 , Blogger eNmEiGaDa said...

Menuda historia, é certa? eu nunca poría iso no xardín da miña casa a verdade... ;)

 
At 06/08/2008, 10:13 , Blogger LM said...

ala vai!!!!

 
At 06/08/2008, 14:23 , Blogger bagoas insomnes said...

joer co cristo, unha horte..., unha provocación, unha demostración de ter un ego coma un...pero o peor de todo...e q acompañe todo isto dese nome. a fabrica dos soños!
mimadriña.

A por certo bonita cor azul para un portal!

 
At 06/08/2008, 19:37 , Blogger Suso Lista said...

Hai hente pa to, que deciría aquel outro.

 
At 06/08/2008, 20:12 , Anonymous peke said...

Atoparse con iso debe ser toda unha experiencia.

 
At 06/08/2008, 23:30 , Blogger busto.agolada said...

Se o motivo que o levou a erguer este monumento alóctono fose unha profunda relixiosidade, sería desculpable. Mais temo que sexa outro expoñente da chafallada anacrónica que percorre con demasiada frecuencia as catro esquinas deste país periférico.
Saúdos.

 
At 07/08/2008, 10:33 , Anonymous F. Míguez said...

Esa fotot, e máis a do canastro abafado, poderíanse incluir nun catálogo sobre o delirio arquitectónico da Galicia contemporánea. A primeira noticia que tiven do Cristo ese de Arcade foi nunha foto que un amigo sacara co móvil, e non daba crédito... pero somos así.
¡Unha aperta!

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home