leoeosseus

domingo, 27 de xullo de 2008

Vintedous meses


Hoxe o Leíño chegou aos vintedous meses con algúns avances dende o mes anterior. O naipelo xa ampliou algo máis o vocabulario e, de feito, aprende palabras case tódolos días. Gústalle o petit de chocolate e xa pregunta por el dicindo " coco ". Como non lle queremos dar muitos dicimos que non hai e el xa di " coco " e arrandea a cabeza negando. Dos monecos e peluches que ten hai un que é un moneco dun neno deportista e el pregunta por " quiqui " que se chama Quique. Logo a Epi chámalle " pipi ". E xa vai dicindo " mamá " dende que o reaprendeu nas Cíes. Físicamente está grande e case lle saíron tódolos caninos. Anda ben e corre un pouco pero é un medento subindo e baixando escalóns. É bastante tranquilote e tímido e algo mangoeiro que non quere comer pola súa man.
E así vai.

Etiquetas:

10 comentarios:

Ás 28/07/08, 00:27 , Anonymous Anónimo dixo...

O Leo ten pinta de home formal. A ver se non se torce.
Unha aperta.

 
Ás 28/07/08, 08:08 , Blogger LM dixo...

ui...agora já nom parará de falar até pidades papas...beijos.

 
Ás 28/07/08, 08:44 , Blogger Mararía dixo...

¡Está ben crecido! e como din por ahí agora xa non parará de falar, jajaj.

Un saúdo.

 
Ás 28/07/08, 09:58 , Blogger prometeo dixo...

Pois felicidades Leiño! E a ver se empezas a preparar a festa do teu segundo cumpreanos, e nos convidas a todos os que, gracias o teu pai, seguimos pasiño a pasiño os teus avances.
O dito, felicides e apertas moi agarimosas para teus orguiosos pais.
Fdo: Un que tampouco é do blogomillo.

 
Ás 28/07/08, 11:07 , Anonymous Anónimo dixo...

Hai que ver como pasa o tempo; ainda semella que foi onte cando esperabades por él nos EEUU.

 
Ás 28/07/08, 15:08 , Blogger Ana dixo...

Xa te lo dixe unha vez,cando empeze a falar no terminara,jeje
Vese que e un neno tranquilo,que sorte a tua,os meus sairon todos electricos.

Bicos

 
Ás 28/07/08, 15:28 , Blogger A Conxurada dixo...

Estase a convertir nun mozote ben guapo.

 
Ás 29/07/08, 01:47 , Anonymous Anónimo dixo...

Palabras non lle han de faltar ao neno. Na casa ten un saco delas, non si?
Disfrutao cada día, medran deseguida.
Apertas para os dous.

 
Ás 29/07/08, 17:02 , Anonymous Anónimo dixo...

eu estou alucinada coa incrible aprendizaxe da sabela que está a sorber o mundo a mighalliñas de palabras, e nin che conto o que teño que correr detrás dela, total, que ao cabo do día estamos que non podemos coa alma, pero felices de vela medrar

 
Ás 30/07/08, 10:30 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

¡Animo! xa falta pouco para cumprir eses dous anos e presentar á noiva

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio