leoeosseus

luns, 21 de xullo de 2008

Pericas e pericos



Onte o Leo desfrutou mirando pastar unhas ovellas en Arbo. Despóis apareceu na conversa a palabra " pericas " como definición de ovellas cando eu pensaba que eran cabras. Como tiña as miñas dúbidas hoxe preguntei no choio a un compañeiro de Salceda e dixo que " Para nós as ovellas son ovellas e as cabras son cabras. Iso si, nós dicimos pericos de cabalo ou de burra á merda dos cabalos e dos burros ". E así, sen querer, saiu unha nova palabra escatolóxica para engadir.

Etiquetas: ,

9 comentarios:

Ás 21/07/08, 23:33 , Blogger Suso Lista dixo...

Outra casualidade, hoxe tamén nombro as ovellas no meu. Apertas

 
Ás 22/07/08, 08:33 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Pois si que é casualidade, eu teño un post pendiente sobre ovellas, só me faltan as fotos.
Saúdos.

 
Ás 22/07/08, 13:28 , Blogger Ana dixo...

Sempre les chamei ovellas e cabras,o de perico e novo pra mim!

Bicos

 
Ás 22/07/08, 14:52 , Anonymous Anónimo dixo...

eu sempre pericas ás cabras. vaia parece que os astros nos inducen a fugar nas ovellas esta semana.

 
Ás 22/07/08, 15:10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Aquí ás ovellas tamén se lles di retas (co "e" pechado). Ás cabras chivas; pero non escoitara o de pericas

 
Ás 22/07/08, 15:45 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Pra liala máis, decivos que na minha casa empregamos a palabra "perica/o" co significado de "boa peza", alguén traveso é un "perico". ;)

 
Ás 22/07/08, 15:56 , Blogger fgul dixo...

Estabamos un día comendo troitas (ou cousa semellante) nun restaurante perto D´O Porto do Són,parte dos amigos de Sacou; Ramón Blanco, Fravernero, Joe e mais eu.

A carón nosa, unha familia de turistas españois e a través da xanela, lá no fondo, seis ou sete ovellas coas suas crias.

Dí un dos nenos da familia turista.
--Papá papá, que bicho es ese?
e contesta o pai:
--Es un ternerito hijo, un ternerito.

...lembro a forma na que Moncho escupeu parte da cervexa que estaba tomando, por non poder aguantar a gargallada...

--Meu deussss!!! Un ternerito!!! Un ternerito!!! ...se é un carneiro como a copa dun pino!!!

(eis unha anécdota basada en feitos reais que sempre conto e que me regresou á mente ao ollar esta foto)

Un saúdo

 
Ás 23/07/08, 13:42 , Anonymous Anónimo dixo...

ah, esquecía, pola banda de ourense tamén se lle chama carruxo ó año

 
Ás 15/10/10, 02:09 , Blogger Paz Zeltia dixo...

o dos pericos de cabalo (ou do que sexa, coma bosta) non o sentira nunca!
pero polos arredores da miña parroquia en Silleda, chámanlle pericas ás ovellas (ás veces tamén ás cabras, cando o rabaño é mixto)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio