leoeosseus

xoves, 3 de xullo de 2008

Mangantes



Hoxe o home das máquinas de bebida deixou unha porta aberta sen querer e houbo xente que arrapañou con bebidas sen pagar. A min ofrecéronme pero non quixen. Quero ter a conciencia tranquila e se teño setenta céntimos para unha cervexa por que vou mangala ?. Tivo que vir un camioneiro portugués para dicirnos que a máquina estaba aberta e que había que chamar ao home e el mesmo chamouno por teléfono.

Na foto sae un quiosco nun aeroporto norteamericano. Teñen na entrada ese estante con periódicos e revistas onde " colles e marchas " despóis de deixar os cartos no peto. Alá pode facerse iso pero por estas terras aínda non.

Etiquetas:

17 comentarios:

Ás 04/07/08, 00:14 , Blogger Bea dixo...

A verdade e que soamente ó home se lle ocorre deixar a porta aberta sabendo como é a xente!

 
Ás 04/07/08, 08:25 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Que mala sorte, no meu choio nunca se esquece de cerrala, bueno, a verdade é que ainda non temos máquina.
Agora en serio, hai xente para todo, pero cada un coa súa conciencia.

 
Ás 04/07/08, 08:52 , Blogger Mararía dixo...

Se son eu levo unha mochila para que me colla todo!!!!! Jjajajajaj. Xa sabes o que din "somos un país de pícaros", uns Lazarillos.

 
Ás 04/07/08, 09:41 , Anonymous Anónimo dixo...

Pois eu tampouco levaría nada. Como ben dis se teño os cartos para pagala, por que hei collela sen pagar. E se non teño os cartos e o necesito pediríalle os cartos a un compañeiro e devolveríallos despois. Cando un coa súa conciencia. Ademais, o "home da máquina" é un traballador coma nós, ¿e se despois ten que poñer os cartos do seu peto?. Non é xusto que un erro lle saia a el tan caro, ¿non? Eva

 
Ás 04/07/08, 10:26 , Blogger Cuspedepita dixo...

Si, eu tamén son desa especie en extinción que non levaría nada, pero xa case non se atreve un nin a dicilo, ser honrado hoxe é, cada día máis, sinónimo de ser parvo.
Alucino co que contas do quiosco no aeroporto !
Aquí iso é impensable.

 
Ás 04/07/08, 15:20 , Blogger Os nenos dixo...

Primeiro: O home tiña que cerrar porque algunha xente é...
Segundo: É alucimante que poidan coller a revista, votalo diñeiro e marchar

 
Ás 04/07/08, 20:14 , Blogger Mr Tichborne dixo...

Aquí tamén hai caixiñas abertas onde colles o xornal e logo deixas os cartos nun peto. Non lle vexo futuro ó invento no noso país.

 
Ás 05/07/08, 17:28 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Ese peto, seria moita tentación ,en estas terras.

 
Ás 05/07/08, 19:10 , Blogger Lapis-vermello dixo...

Que olvido o do señor, así ocorren as desgrazas. Bicos.

 
Ás 05/07/08, 21:09 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Poder coller a mercancía sin pagar é como ir ás rebaixas, pero "a lo grande". A xente merca o que non precisa nestas; como non vai mangar o que non lle custa nada?

Sonche cousas culturais. Algunha outra ventaxiña habemos ter...digo eu

 
Ás 06/07/08, 16:25 , Blogger moucho branco dixo...

Aquí se das tapas de matarratas gratis é posíbel que aínda se apunten uns cantos a comer...

 
Ás 06/07/08, 17:23 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

Anda logo aquí o que non corre voa...

Beijossss.
:)

 
Ás 06/07/08, 20:37 , Blogger d´Agolada dixo...

Aquí somos demasiado mangantes para que eso funcione, a verdade é que ata eu teño que recoñecer que collería a cervexa ou o que fose sen pagar, hai que pensar que outros cho faran a ti en canto poidan, eu vexoo así polo menos. Saúdos

 
Ás 06/07/08, 23:16 , Blogger Unknown dixo...

Se algo tén de característico iso de "ser español" é o de aproveitarse da oportunidade, sobretodo se a pintan calva, dise, non é?

Bo. Tamén criticar porque si, ser barulleiros e irrespetuosos, pendencieiros, chulos, arriscados, devotos...

Temos sangue nas veas, voto a Cristo! (para o que nos convén) e unha conciencia que se leva o aire.

Somos carne de canón. E senon que pregunten en Breda.

 
Ás 07/07/08, 02:06 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

É amigo por cá também há sempre quem se aproveite explorando o outro.
Parece que os nossos povos ainda não estão consciençalizados para esse tipo de procedimento.
Um abraço e uma boa semana.

 
Ás 07/07/08, 22:55 , Blogger Angel Utrera dixo...

Estaria bo deixala no meu......
(on sei que pasaria pero ibase montar unha boa, seguro que habia colas ....tratase dun Banco.
Pobre home, cando volva a repoñér as bebidas, e vexa o que pasou...???
O pero ten que pagarllas él como fan nos Bancos ca faltas de caixa...

 
Ás 08/07/08, 00:52 , Blogger busto.agolada dixo...

Somos un país de pillabáns e estes delitos menores somos quen de permitírnolos sen moitos remordementos. Se roubamos a unha multinacional parécenos menos delito. Vouche contar o que sucedeu aquí en Agolada hai 30 anos. Había unha cabina de teléfonos na praza e un BO día o teléfono empezou a funcionar sen necesidade de lle meter moeda. Ao principio déronse conta uns poucos. Cando se correu a voz empezou a haber ringleiras a todas as horas para falar gratis desde a cabina. A ninguén se lle ocorreu chamar a Telefónica para que viñese a reparala. Era un servizo gratis. E non tiñamos conciencia de estar roubando. Quizais porque sentiamos que era unha compensación polas moedas que ás veces tragaba sen poder establecer a comunicación.
De todos os xeitos non quero facer apoloxía desta picaresca. Ti actuaches debidamente.
Unha aperta.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio