leoeosseus

luns, 28 de xullo de 2008

Festa da prehistoria en Mos



Unha das idades do home máis admirada é a da nosa prehistoria. Quen non soñou con andar con taparrabos por ese mundo adiante e tirar pedras ?. Pois en Mos levan varios anos organizando unha festa da prehistoria no segundo fin de semana de agosto. Así que xa sabes; xunta uns colegas e xa podedes formar unha tribu para participar nesta festa onde creo que se pasa mui ben polo vídeo que mirei do ano pasado. Ademáis este ano hai un concurso de curtas coa prehistoria como temática principal. Aviso un pouco tarde pero eu son así.

Hala, a desfrutar !.

Etiquetas:

11 comentarios:

Ás 29/07/08, 01:44 , Anonymous Anónimo dixo...

Jaja, está coñero o video. Estaba eu pensando que algo farían mal os da prehistoria para chegar a onde chegou o ser humano. Non podería entender estes desaxuste de hoxe doutro xeito :-)

 
Ás 29/07/08, 04:17 , Blogger tertulias para perogrullos dixo...

Home, a mín interesame máis o futuro, pero a verdade é que o pasado e a prehistoria especialmente, resultan fascinantes, sobre todo para quen coñece todo ben. Saúdos

d´Agolada

 
Ás 29/07/08, 07:33 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Que ben o pasan, nótase que o reporteiro bélico ó principio estaba un pouquiño cagado, tamén ó que destaca é que estes homes das cavernas cando iban a guerra polo menos iban rindo.
Pois nada, a pasalo ben.

 
Ás 29/07/08, 09:48 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

o que nos gosta a esmorga oes!!! :D

 
Ás 29/07/08, 11:31 , Blogger llll dixo...

eu son Mosense, e coido que a festa da Prehistoria é unha enorme parvada... un bo reflexo dos tempos que nos toca vivir alí...

 
Ás 29/07/08, 15:29 , Blogger Ana dixo...

Home, a pre-historia esta moi ben,quitando o do home levar as mulleres do pelo,jeje
Mais non me vexo eu vestida co unha pele e un oso na cabeza,jeje
Os anos facen mella.

Bicos

 
Ás 29/07/08, 17:06 , Anonymous Anónimo dixo...

Ten boa pinta. Agora están moi de moda as festas históricas e prehistóricas, afortunadamente, que as gastronómicas xa aburrían. A primeira destas citas pseudoprehistóricas creo que foi a festa castrexa de Xunqueira de Ambía haberá uns dez anos.

 
Ás 30/07/08, 00:19 , Blogger Bea dixo...

ohh! non sabía que se facían esas festas... e xusto ese finde creo que o teño libre! é un bo plan ;)

 
Ás 30/07/08, 10:21 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

O do vídeo tamén as levaba

 
Ás 30/07/08, 16:48 , Anonymous Anónimo dixo...

non coñecía tal festa, pero o certo é que promete ;-)

 
Ás 30/07/08, 17:38 , Blogger Lúa dixo...

ois si que esta ben!!!! ogalla podesemos ires en tapacoiros por ahi, hehehehe, sería ideal, apertas

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio