leoeosseus

luns, 14 de xullo de 2008

Cíes e a lenda do Boto


Onte fomos ás illas Cíes. Logo de xantar fomos camiñando ata o faro das Cíes e logo ata o faro da Porta. Na praia de Rodas corría aire así que nos bañamos na praia da Nosa Señora. A auga estaba fría como de costume. Ía connosco un familiar brasileiro e contounos a lenda do Boto, que é o golfiño do Amazonas. Di a lenda que nas noites de lúa chea transfórmase nun mozo xeitoso que baila mui ben e que é encantador. Leva un sombreiro para tapar o buraco por onde respira. Nos bailes namora as mozas e acaba por engravidalas e o Boto é o culpable dos embarazos non desexados da zona.
Gustoume a lenda e a estadía na illa.
Dende o barco de regreso víase a excavadora que está a tirar o monolito feito por Franco.

Etiquetas: , ,

7 comentarios:

Ás 15/07/08, 00:16 , Blogger Suso Lista dixo...

Vaites co Boto! O monolito xa tiña que estar tirado, desde o dia seguinte da morte do golpista dictador asesino.Saúdos

 
Ás 15/07/08, 11:52 , Blogger vermella dixo...

por sorte hoxe ven na prensa que xa foi tirado ao segundo intento,dende o 2007 que entrou a lei da memoria xa ia en tempo.
preciosa a lenda do Boto.
bicos e un a maiores para o Leiño.

 
Ás 15/07/08, 16:37 , Blogger Ana dixo...

Con todas as lendas que se de Galicia e esta non a conocia,es preciosa.
Menuda excusa pras mozas,eh!

Bicos

 
Ás 15/07/08, 22:48 , Blogger Bea dixo...

I eu que nunca estiven en Cies, e quedame aí o lado coma quen di... e en cambio estiven centos de veces en Ons que me queda na outra punta... Un saúdo!

 
Ás 16/07/08, 07:38 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Xa era con tempo que o tiraran, tanto polo que significaba, como polo impacto visual que lle daba a isla. E como se resistiu, no primeiro intento só se ladeu un pouquiño.
Saúdos.

 
Ás 16/07/08, 09:43 , Blogger LM dixo...

oi...tou mesmo repensando o de ir á praia esta tarde...

 
Ás 16/07/08, 17:51 , Anonymous Anónimo dixo...

E comiches no bar do serafín ou de bocatas no monte? Eu estiven o ano pasado e aínda estou cansa daquela camiñata ata o faro. Menuda calor facia aquela tarde! O mellor foi pasarme logo unhas horas á sombra das árbores bebendo cervexa ben fría.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio