leoeosseus

Friday, 27 June 2008

Vinteún meses



Hoxe o Leíño acadou os vinteún meses de idade e segue sen despedirse da teta. Come ben e está tolo polo pan que é a súa sobremesa favorita. Encántanlle os " petits " e máis se son de chocolate; larpeiro que saiu. Ten bó humor e xoga muito cos coches. Tamén lle gusta ler os contos no seu idioma extraterrestre que de cada vez semella máis chinés ca outra cousa. Non di case nada: segue con " papá ", " aaga ", " aitá " ( aí está, que di cando topa algo ), " tatá " ( tractor, porque está enamorado do tractor do avóM e prefíreo a calquera veículo ), " fofó " ( flor, que dixo un par de veces ), " roró " ( río, que dixo un par de veces tamén ) e pouco máis. O resto son ruidos e dixo a señora do banco que os nenos intelixentes tardan máis en falar. E non sei se é verdade ou quere que metamos máis cartos no banco. Gústalle pasear e saudar á xente e mandar bicos polo aire coa man. Sorrille ás mulleres e aos nenos e bótalle broncas a Colín, un defecto que colleu imitándome. Segue coas rabechas cando non se lle cumpre o gusto pero é fácil de distraer.

Nada, que cada día avanza un pouco a base de imitar como cando molla un dedo para pasar unha páxina. Pero o simpático é que o molla despóis de pasar a páxina !.

Labels:

19 Comments:

At 28/06/2008, 00:33 , Anonymous paidovento said...

Xa me tarda velo. A ver cando quedamos.

 
At 28/06/2008, 01:45 , Blogger mamiago said...

Precioso!

 
At 28/06/2008, 01:49 , Blogger rifenha said...

Que guapo e divertido é o Leinho...
Bem se ve que está feito de boa pasta..!

 
At 28/06/2008, 09:52 , Blogger emereci said...

Que lindo!
O meu sobriño maior tamén tardou muito en soltarse a falar, pero no que empezou xa falaba como un home grande... e agora non cala nunca!
Disfrutade os detalles todos!
Bicos mil

 
At 28/06/2008, 14:04 , Blogger eNmEiGaDa said...

QUe cariña de pillabán ten o Leo na fotiño!!! que grande está xa!!

 
At 28/06/2008, 18:56 , Blogger elvira carvalho said...

Lindo que está o seu menino. Não acredite que tem alguma coisa a ver com a inteligência, falar mais cedo ou mais tarde. Meu irmão falou tarde e mal. Lembro-me que ele levou até quase aos dez anos (10) a não saber dizer grande maioria das palavras. E de nós três ele é o mais inteligente.
Lembro-me que um dia minha mãe instigada pelas vizinhas o levou ao médico andava ele pelos seis anos. E o médico disse a minha mãe, que não se preocupasse, ainda viria o tempo que ele falaria demais.
Um abraço e bom fim de semana.
No Sexta há bolo. Se me quiser honrar com a sua presença...

 
At 28/06/2008, 19:16 , Blogger Cuspedepita said...

Non creo que estea tan mal sete palabras para 21 meses. Sete, porque creo que che esquece unha que lle escoitamos todos ;-)))

 
At 28/06/2008, 19:26 , Blogger Carlos Sousa said...

Sei ben o que tes que sentir, eu teño unha pequena de dous anos, é a raiña da casa, Do idioma ese chinés, o máis bonito e que nos acostumbramos,e entendemolo perfectamente.
Un saúdo.

 
At 28/06/2008, 20:43 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Ainda que non te debes fiar moito do que che digan as/os dos bancos/caixas; neste caso penso que che teñen razón. Fíxate ti que eu, aos meus anos, e ainda non sei falar ben. Vou sair listismo!!!

Unha aperta

 
At 28/06/2008, 21:55 , Blogger abueloscrisytoño said...

Un andante, dous falante, xa veras.

 
At 28/06/2008, 22:03 , Blogger abueloscrisytoño said...

Estoume acordando de Cris que non falou ata cumprir os tres anos e agora tanto fala que ata lle dá por facelo noutros idiomas
A.Cris

 
At 28/06/2008, 23:00 , Blogger Nébeda said...

oh, é un mini-home. :_____) Que simpático parece... e quen non ten unha foto na bañeira cando era pequeniño?

 
At 29/06/2008, 10:40 , Anonymous peke said...

Que grande está! Parece un homiño. E non teñas présa por que fale, cando empece non vai parar.

 
At 29/06/2008, 12:54 , Blogger Fada Branca said...

21 meses, está guapisimo

 
At 30/06/2008, 10:56 , Blogger Marinha de Allegue said...

Como medrou Leo, está lindísimooo.

Beijos para Leo, Ana e para ti.
:)

 
At 03/07/2008, 12:22 , Blogger Mer said...

jo, que grande!!


bicos

 
At 03/07/2008, 17:48 , Blogger vermella said...

Ben bonito que é o noso neno(perdoa pero que é o neno do Blog;polo tanto de todos nós).
No da fala non teñas présa o meu Martín non arrancou hasta ben cumpridos os dous e agora non para calado....
bicos o noso neno.

 
At 03/07/2008, 22:48 , Blogger busto.agolada said...

O Leo é un bo mozo. E posúe o don da elocuencia na mirada aínda que diga poucas palabras e se exprese na súa xerga particular.
Unha aperta.

 
At 12/07/2008, 01:06 , Anonymous toxomar said...

pero que feitiño está!!!, xa ía unha chea de tempo que non vía unha foto del, e está ghuapo, ghuapo e sobre todo sinto que é un neno feliz, así que imaxino como estades.
parabéns!!!!

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home