leoeosseus

Monday, 23 June 2008

Noite de San Xoán



Eu lembro de sempre esta noite coma unha noite especial. Lembro saltar por riba do lume. Cantar en corro arredor da fogueira. Ir buscar carros e portais para levalos a outro lado ou penduralos como o portal da foto, testemuña do san Xoán do ano pasado. Nunha ocasión estaba cunha rapaza diante da súa casa e entrou unha xente a roubar o carro do pai e o pai saiu e pegou un tiro ao aire. E noutra ocasión entramos catro amigos no cemiterio de Vilaguindastre e pillounos a patrulla da policía local e chimpamos polo muro fóra pero un amigo caiu nas mans da policía e pasou a noite no cabozo do concello. Lembro saltar por riba duns folios ardendo nun balcón dunha casa de Londres porque o compañeiro do piso, galego tamén, non quería deixar de celebrar o san Xoán...

Nada, que esta noite foi especial sempre e ogallá o siga sendo anque eu xa non participe nesas lideiras.

Labels:

10 Comments:

At 24/06/2008, 11:09 , Blogger L&M said...

ui...pois agora tens de aprender-lhe a alguem o especial desta noite...

 
At 24/06/2008, 13:13 , Blogger Mer said...

eu onte saltei a fogueira, din que hai que saltala 3 veces, nunca fun roubar portais pero sí saltar o valado da piscina municipal do pobo dos meus avós e darnos un chapuzón en roupa interior, para logo saír correndo ao chegar a garda civil
¡ qué tempos aqueles!

unha aperta

 
At 24/06/2008, 17:49 , Blogger Carlos Sousa said...

Canta razón tes, nos tamen iamos levar portais e carros, e tíñamos que escapar das escopetas e mangueirazos(no millor dos casos) pero pasabamolo ben.
Saúdos, e noraboa

 
At 24/06/2008, 19:00 , Blogger Chousa da Alcandra said...

O de saltar por riba duns folios en Londres ten mérito, si señor. A tradición é a tradición!!

Unha aperta

 
At 24/06/2008, 23:34 , Blogger Cuspedepita said...

Ai, amiguiño, non soñes con deixar de participar nestas lideras. Xa verás cando o Leo medre un pouquichiño máis como participas nestas e en vintecincomil máis ;-)
Os fillos devólvennos á xuventude ! :-))
Non lle hai que facer ! :-))
Bicos

 
At 25/06/2008, 09:44 , Blogger Frida said...

Menudos trastos erades!!

 
At 25/06/2008, 13:21 , Blogger eNmEiGaDa said...

Aisss e eu que nunca fixen cousas de esas... so saltar por enriba da fogueira... Un bico ;)

 
At 25/06/2008, 18:16 , Blogger mueja said...

Desta vez tamén foi especial, coma sempre. melindres e queimada.

 
At 25/06/2008, 23:13 , Blogger Suso Lista said...

Este foi o meu primeiro ano, no que non saltei por riba da cachela...esto non está nada ben, e xa non as teño todas conmigo. Saúdos

 
At 26/06/2008, 22:30 , Blogger abueloscrisytoño said...

!Si señor! A tradición é a tradición

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home