leoeosseus

Sunday, 1 June 2008

Agolada, vila agarimosa

Sabía eu que non ía marchar da xuntanza sen bó sabor de boca.
Fomos alá con gañas de coñecer Agolada e os blogueiros que se mostrasen e enchéusenos o corpo de datos e sensacións acumulados que son difíciles de expresar. Saímos de Vilaguindastre con visos dun día soleado pero polo camiño as nubes foron a máis e ameazaron varias veces ao longo de día pero remataron respeitando a xuntanza. Na praza do concello fomos xuntándonos blogueiros mentres nos recibían con música os rapaces da Charanga da Banda e Bicos da Balouta.





















Logo foi a sorpresa coa chegada de coches de época brillantes e preciosos para abraio de Leo e dalgún máis. Nese momento comezou o percorrido guíado polo cicerone Manolo Busto polas rúas dos pendellos onde explicaba a orixe das casas e pedras e relataba historias cun amor imposible de ocultar pola Agolada. O Leíño tivo nese momento un detalle simpático cando me sinalou e dixo " caca " todo cheo de razón. Daí chegamos ao escenario dos pendellos onde nos fomos presentando os blogueiros un por un. Houbo algúns que son verdadeiros oradores e outros que din pouco pero atinado e outros coma min que se atrapallan diante dun micrófono e que prefiren escribir a falar. No meu nerviosismo non lembrei agradecer á xente que organizou os actos do día, xente que se nota enamorada da súa terra e que reciben aos forasteiros cos brazos abertos. Volveu haber música e desta volta sentimos o son da zanfona que nunca oiramos na nosa vida. O Leo desentendeuse do protocolo e percorreu tódalas pedras arriba e abaixo seguido de Naideleo que sen ela non podería eu desfrutar de gran parte do que se escoitou e coñeceu no día enteiro. Despóis dun viño e uns pinchos seguiu algunha presentación máis e logo tocou seguir aos gaiteiros de Bicos da Balouta que nos guiaron ata o restaurante. O Leo estaba canso e durmiu co son das gaitas e botou a maior parte do xantar dormido. No xantar houbo proxeccións de imaxes de Agolada e agasallos para todos.
Ás cinco e medio recolleunos un autobús que nos levou ao Sobreiral do Arnego pasando por terras que lembraban un pouco os EEUU. O percorrido polo Sobreiral estivo moi ben aínda que o coche do Leo tivese algúns problemas de paso. Pero entre todos puido facerse sen moita novidade. Chegados a un punto falounos Marcial sobre o sobreiral e a súa problemática e os desexos que hai de que se manteña para sempre. Rematou a camiñada e volvemos en autobús para os pendellos onde cantou Maruxa de " Fuxan os ventos ". E foi despóis que fixemos nós unha despedida á francesa, ou sexa, sen despedirnos; de Agolada, a súa xente, os seus músicos e os blogueiros que compartiron o día connosco.


A todos graciñas de Leo e os seus polo día inesquecible e polo trato recibido.

Labels: ,

19 Comments:

At 02/06/2008, 11:15 , Blogger busto.agolada said...

Amigo Pedro: ¡Canta alegría sentín de coñecervos! Aos tres, a tenrura do Leo, as atencións de Naideleo e a espontaneidade e calidez de Paideleo. Grazas polo esforzo de virdes desde tan lonxe. Espero que o sacrificio vos merecese a pena.
Nós sentímonos especialmente honrados e agasallados coa vosa compañía. E cremos que vivimos unha xornada inesquecible, intensa e interesante.
Unha aperta afectuosa desde a felicidade de ternos coñecido.

 
At 02/06/2008, 13:10 , Blogger A zanfonista said...

A verdade e que Leo e mais encantador. Vos tamen sodes moi boas persoas. Saúdos, e espero que nos volvamos a ver

 
At 02/06/2008, 17:53 , Blogger Rifo I de Zeuquirne said...

Alégrome moito por todos vos, sinto moito non ter podido ir, houberame gustado coñecervos a todos en persoa, espero que haxa outra xuntanza coma esta e poder asistir.
Apertas.

 
At 02/06/2008, 18:25 , Blogger Cuspedepita said...

Encantoume coñecervos e compartir convosco o xantar e o resto do día.
Leo é moi boiño e ten unha paciencia infinda, porque aguantou o día sen unha perrencha, pero como xa falamos ten a quen saír ;-)
Biquiños para os tres.

 
At 02/06/2008, 22:32 , Anonymous aopedofarelo said...

Moitas grazas a ti por deixarnos compartir a Leo, e sobre todo polo esforzo que significa estar todo o dia, co rapaciño, fora do seu entorno......tanto nos pendellos, como no xantar ou no sobreiral, espero que merecera a pena para os tres, e gardades este dia nun recuncho do carazon...
Bicos para os tres.

 
At 02/06/2008, 23:38 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Foi un absoluto pracer poder saudarvos. E tamén ver que o Leo ten por pai a todo un machote con duas traccións para subir os camiños empinados do sobreiral co pitufo nos hombreiros.

Unha aperta

 
At 02/06/2008, 23:39 , Anonymous paidovento said...

Envexa me dás! E mentres ti disfrutabas do encontro, eu andaba aturullado entre a xente que foi ver os títeres a Redondela.

 
At 02/06/2008, 23:52 , Blogger Ana said...

Que pena me dá non haber ido,mais alegrome por todos vós.
A ver si na próxima xuntanza,vanme mellor as cousas (económecamente falando...).
Un bico

 
At 03/06/2008, 00:43 , Blogger elvira carvalho said...

Ora bem parece que foi um belo passeio em que a alegria e a amizade estiveram presentes. Leo está um homenzinho, mas não dispensa os ombros do pai.
Um abraço e uma boa semana

 
At 03/06/2008, 01:02 , Blogger Dedo en la Sopa said...

Ola Paideleo:

Gracias pola túa visita e o enlace (facemos o propio).

Espero poder coincidir contigo nalgunha outra xuntanza.

Unha aperta.

 
At 03/06/2008, 02:04 , Anonymous Paquito de Penas said...

A min tocarame facer esa mesma ruta a finais do mes e comprobar que deixástedes todo limpiño e cada pedra no seu sitio :-)
Sinto envexa da boa, pero non deixa de ser envexa.
Apertas.

 
At 03/06/2008, 14:09 , Blogger bagoas insomnes said...

si si, limpiño quedou paco das penas,
o que si te vas a atopar cando fagas o camiños e que certa sobreira vaite sorprender pola súa presencia, farache un giño e convidarate a que poñas a man no seu embigo,
e ti abraido por tanta calidez, lle darás un bico
e entonces a sobreira contarache a historia na que uns "pendellos" ( como nos compara o amigo juanjpo de 3 minituras)
andiveron a facerlle coxegas no seu envigo un 31 de maio, e como o pequerecho leo, deixoulle agochado no seu embigo o eco do seu sorriso.!

ola leo
ola paideleo
ola naideleo!

un pracer!

 
At 03/06/2008, 16:39 , Anonymous Anonymous said...

BAixo desa centenaria sobreira amparámonos tod+s.
Xa quedaba pouco, só volver a baixar.

Habia néboa levantada, un sol picachón. As rodas do cariño do Leo facían bum-rum-bum bum. Só se perderon o muiño, e sentir o río cheo.

Os blogs son pendellos de feira, e quenes os escriben, como do Prometeo son sobreiras, que se abren na canal para tapar outros recipientes.

saúdos


juanjo

 
At 03/06/2008, 20:02 , Blogger Mer said...

Pois sí que o debeches pasar bien, sí, mágoa de non poder ir, dádesme envexa, aínda por riba debaixo dunha árbore centenaria.

Biquiños a todos, outra vez será.

 
At 03/06/2008, 20:07 , Blogger asbeirasdoarnego said...

Polo que vexo pasáchelo moi ben. Ademais o Leíño estivo moi tranquilo, en tódolos lados. Da gusto ter rapaces así. Un Saúdo.

 
At 03/06/2008, 21:39 , Anonymous Anonymous said...

Leo, pai e nai. Xa temos cousas en común, ser blogueiros e blogueiras, e compartir as sensacións e imaxes que nos deixou a xornada dese domingo 31 de maio, inesquecible, en Agolada. Apertas, saúdos, saúde e felicidade. Ata a próxima.

http://www.blogoteca.com/vicentemontoto/index.php

Vicente Montoto, autobiografía.

 
At 04/06/2008, 12:53 , Blogger bagoas insomnes said...

E xosi no seu blo dixo:
"E para rematar, os versos manuscritos sobre os Pendellos que leu para nós Xosé Vázquez Pintor. Pedinlle a tarxeta coa escusa de que a quería reproducir no blog. Pero era mentira. En realidade quería arrebatarlla para gardala no cofre dos tesouros. Aí está baixo sete chaves. Mais para que non haxa queixas nin reclamacións, velaí queda como recordo dunha xornada para non esquecer."

( imaxe do texto que lle adicou Pintor a xosi.)
134-texto-vazquez-pintor.gif

E Bagoas insomnes respondeu a xosi:

Eu teño no meu tesoro un pequeno cachiño dos pendellos pegados nunha táboa, e nesa táboa desprendese unha enerxía que enche as nostalxias de amorodos saborosos coma os bicos do Leo!

e xosi dixome:


Vai camiño do Lestón unha brigada da SGAE para axustar contas, mais poderiamos chegar a un acordo se me cambias os versos polo bico do Leo, que eu esquecín de pedirlle un...

e bagoas insomes respondiulle:
Joé! estos de Melide como son!
pois nada, os da Sgae invitamolos a calamares en tinta, empanada de millo de sardiñas, bo viño do Ribeiro e tarta de mazá e xa, sen problemas!

Bueno, pois si hai que compartir o bico do Leo, eu comparto, así que si atopas un amorodo entre as pedras dos camiños, levao á boca, e xa, xa tes un saboroso bico do Leo!

Xa ves pai e nai de Leo, os bicos do Leo cotizanse á alza!jejeje

eu teño un, eu teño un!

un bico para vos! e outro coma non para LEO

 
At 04/06/2008, 15:46 , Blogger abueloscrisytoño said...

Foi unha magoa non poder ir, só dispuñamos da tarde libre, alegrámonos de que o pasásedes ben.

 
At 04/06/2008, 19:07 , Blogger Mariola said...

Grazas polo agarimo ás miñas cores. A vida é, a maior parte das veces, moito máis doada se nos rodeamos de cores vivas e ledas.

E que mellor lugar que os pendellos e a xuntanza para levalos comigo.

Un beijo para todos!

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home