leoeosseus

martes, 6 de maio de 2008

Xuntanza de blogueiros en Agolada



Hai case dous anos tiven a oportunidade de xantar e pasar un día de boa leria en Santiago de Compostela cun bo fato de blogueiros. Lembro a sorpresa que levei cando lle puxen cara aos blogueiros que descoñecía. Foi un día que quedará para sempre na miña memoria e quero repetir a experiencia.

E pasou o tempo e o día trintaeún de maio hai unha nova cita de blogueiros en Agolada. A excusa é perfecta para poder pórlle cara a blogueiros dos que só sei o que escriben e tamén é excusa perfecta para coñecer Agolada, derradeiro concello pontevedrés que pisei cando descargaba camións de fariña por toda Pontevedra. Lembro ver un miñato pousado nun cable de luz e pouco máis e quero ter máis lembranzas.

Veña, que se animen os blogueiros para pasar un sábado distinto nunha terra descoñecida para a maioría.

Os que queiran apuntarse só teñen que seguir os pasos dados no blogo da xuntanza.

Un saúdo e vémonos en Agolada !.

Etiquetas:

7 comentarios:

Ás 06/05/08, 23:25 , Blogger Mario dixo...

Agolada, que como Ogrove, tivo os seus máis e os seus menos para ver se a primeira letra era artigo ou non (eu coido que lembro velo escrito separado). Ao final parece que non. Non creo que poida ir, así que tócache pasalo ben tamén pola miña parte.

 
Ás 06/05/08, 23:59 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Vémonos en Agolada!!

(Eu levarei un sacho ó lombo para ser recoñecido á primeira)

Saúdos

 
Ás 07/05/08, 16:02 , Blogger Bea dixo...

Pena que me queda de non poder ire...

 
Ás 07/05/08, 18:22 , Blogger A lareira de Santiso dixo...

Ah! e agora que o penso... como imos facer para nos recoñecer? Máis dun -ou dunha, entre as que me inclúo...- escoitaremos moito antes de falar...
pode estar ben divertido. Aló nos veremos!

 
Ás 08/05/08, 00:26 , Blogger busto.agolada dixo...

Encantado de poder darvos unha aperta. Poñeremos todo o noso empeño en que volva ser unha xornada inesquecible.

 
Ás 08/05/08, 10:16 , Anonymous Anónimo dixo...

Pois aquí anda outra que tampouco vai poder asistir. E non pensen que é que me gusta traballar, o do nick é so un disfraz, en realidade teño corazón de cigarra.

 
Ás 15/05/08, 00:12 , Blogger torredebabel dixo...

pois si que ía eu de boa gana!! mágoa os 12.000 quilómetros, o billete de avión e todo iso. Haberá fotos para os que non poderemos estar?? Apertas!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio