leoeosseus

Saturday, 17 May 2008

Poesía e música


DEITADO FRENTE Ó MAR...

Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo prós soberbios,non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,deitada rente ó mar, ise camiño...

E aparte:

Gustoume esta poesía de Álvarez Blázquez cantada por un grupo porriñés.

E, por mediación de Eva, podo deixar unha ligazón ás Palabras Liberadas, onde len poemas diversas persoas e poden escuitarse versións musicadas de dous poemas de Xosé María Álvarez Blázquez.

Labels:

5 Comments:

At 18/05/2008, 00:38 , Blogger Cuspedepita said...

Por certo, Paideleo, eu lin algo sobre ese CD que se fixo no Porriño con música de grupos da zona e letras de Álvarez Blázquez e máis con poemas de distintos autores (se non estou errada). Debe ser unha pasada!

 
At 18/05/2008, 23:15 , Blogger abueloscrisytoño said...

!fermoso!

 
At 19/05/2008, 13:14 , Blogger busto.agolada said...

Non dei escoitado o clip de youtube. Pero en calquera caso aquí hai outro firme defensor da lingua galega, a que falo e na que escribo. Sen que esa defensa e uso do galego menoscabe o relevo que teñen as demais linguas das que tamén falo castelán e francés. Xa me gustaría saber tamén o inglés que che supoño e outras.
Unha aperta.

 
At 19/05/2008, 23:49 , Anonymous Anonymous said...

Eu quédome coa versión coral que fixo o músico e compositor porriñés, Antonio Paz Valverde. Por certo, que nese CD que editou o concello e que inclúe tamén a edición dalgúns textos (polo que vin), está tamén esta composición de Antonio Paz (que tiven o pracer de aprender e cantar cando formei parte da Coral do Porriño). Alégrome moito de que haxa iniciativas destas. Eva.
Podedes velo no seguinte enlace http://www.centroculturalporrino.com/BIBLIOTECA/ACTIVIDADES/PALABRASLIBERADAS/palabrasliberadas.htm

 
At 02/06/2008, 13:34 , Anonymous Anonymous said...

Gústame a imaxe da nave. É túa? Podo poñela no meu blogue?

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home