leoeosseus

venres, 16 de maio de 2008

Mariscos


Sempre se vai aprendendo e con vintepoucos anos aprendín que os croques e os berberechos eran a mesma cousa. Tiven que aprender en Londres xa con trintaeún anos da boca dun murciano que os caramuxos eran en español " bígaros ". Xa aprendera antes o nome en inglés " winkles " porque os sábados ía ao mercado e mercaba unha libra de caramuxos escoceses: grandes e saborosos. Con eses caramuxos cocidos, unha pinta de cervexa e unha película de vaqueiros xa era o home máis feliz do mundo.
E hoxe entéirome polo concurso da primeira que admiten en español caramuxo como nome dun marisco, eu que pensaba que " caramujo " era en castrapio.
Estará o español invadindo o galego ?.

Etiquetas:

2 comentarios:

Ás 17/05/08, 13:33 , Anonymous Anónimo dixo...

En Malaga, cando eu era pequeno, mais ainda que ahora,as "lapas", coñeciamola como coquinas.
Tamen tiñabamos unha especie de caracolas, con pinchos na concha, riquismos os que chamabamos bugaros, xa non se atopan.
Xa ves, coomo tamen por ahi abaixo, os nomes son vaiados,, para o marisco.....
Por certo, xa nos veremos o 31...
Unha aperta

 
Ás 17/05/08, 20:35 , Blogger Ana dixo...

En portugal les llamamos "caracois",lo que nunca entendí ,es que no hay distinción entre os caracoles del mar y de los caracoles del campo...el nombre es el mismo.

Bicos

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio