leoeosseus

Wednesday, 21 May 2008

Albaroque



Estou revisando fotos para ver as que non perdín o día que borrou todo o ordenador e atopei esta que cría perdida. E dirás: vaia papaxada, un anaco de árbore no alto dun edificio en construción. Pois pode ser que teñas razón e sexa unha papaxada pero hai muitos anos cando se remataba unha casa púñase no cumio unha árbore ou póla e o dono da casa convidaba a unha comida aos traballadores. Esa comida chamábase albaroque e parece que ten que ver coa palabra árbore.

Eu hai doce anos recibín o albaroque por rematar unha casa de granito pero non foi unha comida senón cartos.

Agora non sei se existe ese costume pero cando miraba esa árbore en Vilaguindastre ( agora non está ) íame a mente para o albaroque.

Se che interesa na interrede aparece un albaroque de blogueiros realizado o ano pasado.

E, falando de comidas e reunións, lembrar que só quedan dous días para apuntarse na xuntanza de blogueiros de Agolada.

Labels: , , , ,

9 Comments:

At 22/05/2008, 00:58 , Blogger Mario said...

Eu sabía que nalgunhas zonas penduraban unha escoba do revés do tellado (se non lembro mal creo que até se fixo na última ampliación de Riazor, ou algo así). E o albaroque non sabía o que era, agora xa si.

 
At 22/05/2008, 01:28 , Blogger d´Agolada said...

Que curioso, non tiña nin idea, é unha mágoa que estos costumes se estén a perder. Por certo, si que confundín os festivais, como o de Cannes se pronuncia máis ou menos cans e aínda por riba, ambos de cine, en fin, un erro bastante estúpido. Grazas por avisar, fíxome gracia o erro. Unha aperta

 
At 22/05/2008, 11:52 , Anonymous peke said...

Non coñecía ese costume. Mágoa non sabelo antes para facelo na miña casa.

 
At 22/05/2008, 15:10 , Blogger Ana said...

E eu que pensaba que era por conservar o árbol...
Moi curiosa esa costumbre,nunca habiala escuchado.

Non podo ir a Xuntanza,ando un naquiño mal de cartos...

Bicos

 
At 22/05/2008, 21:03 , Blogger vermella said...

Na miña zona cando se remataba unha obra facíase un -xeste- e tamén poñíase unha pola de árbore.
bicos.

 
At 22/05/2008, 22:25 , Anonymous aopedofarelo said...

Ainda hoxe, vense, sobre todo nas pequenas construcciones, ou vivendas unifamilais

 
At 22/05/2008, 23:03 , Blogger Suso Lista said...

Por aquí ainda que mnos faise eso de poñer un árbol no sitio de remate.

 
At 22/05/2008, 23:54 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Si señor; tamén aquí ainda existe o dito de "poñerlle o ramo", en alusión a rematar a obra.

 
At 23/05/2008, 13:25 , Blogger Valdolouro.com said...

Polo que eu sei era un ramo de loureiro, e normalmente púñase non so a rematar a obra, senón cando se terminaba unha fase importante dela, por exemplo, botar unha placa ou o tellado e logo invitávase a comer e a beber aos que fixeron o traballo. Había tamén otra tradición entre os albaneis que era por un ramo verde se durante a obra o dono os invitara a beber ou un ramo seco no caso contrario. Supoño que todas esas costumes iran variando segundo a zona

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home