leoeosseus

Tuesday, 8 April 2008

Ruinas nas Gándaras





Estes días de chuvia tiran por baixo muitas flores como as glicinias que saen na imaxe de arriba.


O edificio coas glicinias é unha ruina antes de inaugurarse porque ía ser un centro de interpretación das gándaras do río Louro que son un humedal que malamente sobrevive entre as industrias de Vilaguindastre.


Non sei por que razón a obra non seguiu adiante e podes ver o interior do edificio abandonado na foto de embaixo onde sae o Colín " visitando " a instalación o ano pasado, cando tirei estas fotos.


Unha cousa é certa: mágoa de cartos tirados.


Labels: , ,

5 Comments:

At 09/04/2008, 02:29 , Anonymous Manel Vázquez said...

esa é a interpretación que os gobernantes lle dan a maioría das veces ó desenrolo rural.

 
At 09/04/2008, 10:09 , Anonymous peke said...

Sempre me producen unha estraña sensación estas ruínas novas. Tristeza, mágoa polos cartos tirados, desolación...

 
At 09/04/2008, 21:02 , Blogger asbeirasdoarnego said...

que pena que non sigan con esa obra, parecía que ía chegar bonito. que xente dios!!
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

 
At 09/04/2008, 22:53 , Blogger abueloscrisytoño said...

Lastima de cartos.

 
At 10/04/2008, 15:22 , Anonymous F. Miguez said...

Mira que me poñen de mal humor, esas cousas.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home