leoeosseus

Tuesday, 22 April 2008

Meme de Enjut@ Mejut@


A Caperuzita encargoume un meme e vou facelo.

Voz en off> Cantas horas ao día de media pasas conectad@ a Internet?Enjut@> Eu calculo unhas dúas horas nos días laborables e máis nos festivos.

Voz en off> Cantas contas de correo tes?Enjut@> Dúas.

Voz en off> De cantas redes sociais es?Enjut@> Ningunha.

Voz en off> Que che gusta máis para te expresar: o blog, o wiki, flickr ou twiter?Enjut@> Eu emprego o blogo. Usei o flickr hai anos e estou tentado de abrir un fotolog. Pero creo que o blogo é o millor para min.

Voz en off>Cantas blogueiros coñeces persoalmente?Enjut@> Pois tería que facer contas porque coñezo algúns por unha xuntanza en Santiago hai case dous anos. Logo está Veloso e algún veciño. Aparte coñezo unha familia de mulleres blogueiras alá por Marín. Espero coñecer máis na xuntanza de Agolada o 31 de maio.

Voz en off> Cantas blogueiros les habitualmente?Enjut@> Eu procuro ler as ligazóns do meu blogo e algún blogo máis que apareza nos comentarios ou noutras ligazóns.
Non sei a quen mandarlle facer este meme así que quen queira que o faga.

Labels: ,

8 Comments:

At 23/04/2008, 09:35 , Blogger oko said...

depois de ler isto, púxenme a contar cantas horas paso conectada ao día... e deume medo!!!

 
At 23/04/2008, 15:55 , Blogger eNmEiGaDa said...

Buf o de cantas horas me conecto o día... mellor non contalas... :P

Pois si que é un lugar fermoso!! cando teño ocasión sempre vou por alá! e creo que este sabado a mañá, tocará cabo udra... que iremos a correr, ou a andar en bicicleta... Hai que poñerse en forma... :P! bicos!! ;)

 
At 23/04/2008, 16:51 , Blogger Nébeda said...

e eu quedo sen xuntanza... penapenitapenapenaaaaa...:(

 
At 23/04/2008, 18:01 , Blogger asbeirasdoarnego said...

bueno paideleo espero verte na xuntaza, e isto dicho un bloggueiro de Agolada.jeje. Un saúdo. Bonito meme.
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

 
At 23/04/2008, 18:58 , Blogger Rifo I de Zeuquirne said...

O de cantas horas me conecto ao dia mellor non pensalo, claro que tamén hai días que non abro o ordenador así que compénsanse uns con outros jejeje.
Blogueiras coñezo poucos, gustaríame poder ir á xuntanza d´Agolada, para coñecervos a tod@s.
Apertas.
E de momento o que máis me gusta é o blog, teño por ahí un fotolog, pero xa nin podo entrar nel porque olvidei a contrasinal, son un desastre.

 
At 23/04/2008, 22:49 , Blogger busto.agolada said...

Imaxína as horas que debemos botar aquí conectados a Internet, cunha liña sen ADSL. Ás veces creo queme excedo.
Blogueiros coñezo varios de aquí e tres máis.Por iso me aleda poder coñecervos a bastantes máis o 31 de maio.
Apertas.

 
At 24/04/2008, 00:47 , Blogger La queue bleue said...

:)
Graças!
Interessante contribuçom.

 
At 26/04/2008, 01:24 , Blogger paideleo said...

oko: hai veces que botamos máis do lóxico. Certo.
enmeigada: un lugar paradisiaco e dígoche que unha vez soñei con el sen coñecelo e foi miralo e lembrar o soño.
nébeda: xa haberá máis...supoño.
asbeirasdoarnego: alí estaremos. De todas formas non teño unha apariencia especial.
rifo i zeuquirne: mira por onde fixeches o meme.
Xa nos veremos en Agolada.
busto.agolada: eu tiven épocas sen ADSL e era morrer de aburrimento.
Quedamos en vernos en Agolada para o bó e para o malo.
la queue bleue: de nada.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home