leoeosseus

Wednesday, 23 April 2008

Día do libro 2008



Hoxe Ana deume unha alegría porque me regalou un libro. Aniña ten deses detalles sorpresa que fan dela que sexa marabillosa.

E para celebrar o día do libro poño unha foto que fixen pola imaxe que me chocou e que ogallá estivese máis extendida. Na foto saen un grupo de cinco amigas ben noviñas que mercaron cadanseu libro no aeroporto e que se poñen a lelo mentres agardan polo avión.

Labels:

8 Comments:

At 24/04/2008, 01:41 , Blogger Nébeda said...

Ana é o meu nome favorito. O seu supoño que tamén, pero por outras razóns.

bICOS, pai.

 
At 24/04/2008, 11:39 , Blogger A lareira de Santiso said...

tenche sorte a ana...

 
At 24/04/2008, 18:54 , Blogger Ana said...

Que sorte tens,eu teño que regalarme libros,si quero ler.
E si que é raro ver os xóvenes a ler,agora está o movil e o mp3...

 
At 25/04/2008, 11:15 , Anonymous peke said...

Eu tamén me fago moitos regalos deses. Este ano non puiden celebrar o día do libro, xa sabes por que.

 
At 25/04/2008, 12:23 , Anonymous Paquito de Penas said...

Teño que recoñer unha cousa e fagoo neste recuncho para tirarme das orellas. Acostumo a ler tres ou catro libros ao ano e este ano, xa estamos en Abril, aínda non escomencei ningún. Acaso, un diario de Salvador paniker que me acompaña neses intres antes de durmir.
Ás veces intento reorganizar o tempo para buscar ese espazo. Terei que facelo xaaaaa.
Apertas, companheiro.

 
At 25/04/2008, 13:14 , Blogger Mer said...

Pois feliz día do libro, aínda que atrasado.
Bicos,

 
At 25/04/2008, 19:09 , Blogger d´Agolada said...

A foto é ben curiosa, si que é raro ver ler a cinco rapazas tan novas e aínda máis nun aeroporto. Un saúdo.

 
At 26/04/2008, 01:30 , Blogger paideleo said...

nébeda: sempre me gustou ese nome e máis agora, claro.
a lareira de santiso: gaño máis eu do que ela.
ana: os autoregalos están mui ben.
As rapazas eran estranxeiras e supoño que iso influirá.
peke: non o dubido.
Dona require muito tempo nestes días de adaptación pero despóis deixará máis tempo libre.
paquitode penas: pois eu non leo nin a cuarta parte do que lía antes porque este blogo cómeme muito do meu tempo libre.
mer: graciñas anque seguirá sendo o día do libro mentres remata o libro.
dagolada: por iso a quitei; por curiosa.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home