leoeosseus

Monday, 24 March 2008

Manitas malfalado


Case parece pecado falar de traballo despóis destes días non que quen máis quen menos descansou pero o traballo tamén forma parte das nosas vidas, non é ?.
No choio hai un mecánico que é un manitas no seu oficio amañando problemas lixeiro. O que ten é que é un chisco malfalado e mentres arranxa algo císcase en toda a corte celestial. Pero el remata por reparar o que faga falta. Tamén pensa na seguridade dos traballadores e como exemplo poño este cartel feito por el no que a palabra " joder " pode valer de sinatura súa.

Labels: ,

18 Comments:

At 25/03/2008, 00:15 , Blogger Chousa da Alcandra said...

As persoas que de xeito habitual "císcanse na corte celestial", non o fan co ánimo de expresar literalmente o que di e mesmo se deixasen de falar así non parecerían eles mesmos.
Á que si?

 
At 25/03/2008, 00:27 , Blogger busto.agolada said...

Se só usase as que aparecen no cartel parecería un beato á beira dalgúns albaneis que traballaron á beira da miña casa e asustaban aos viandantes co repertorio que gastaban, sobre todo o máis novo, que supoño que se encaponaba desa maneira para facerse valer diante dos máis veteanos.
Unha aperta.

 
At 25/03/2008, 17:29 , Anonymous F. Miguez said...

Eu sempre fun bastante mal falado, pero cando entrei na Escola de Enxeñeiros a perdición foi total. Todo o mundo empregaba unha media de dúas palabras malsonantes en cada frase e, lóxicamente, eu adapteime enseguida.
Sempre nos queda a escusa de que se trata de linguaxe técnica.

 
At 25/03/2008, 18:58 , Anonymous peke said...

Eu son da opinión que un bo palabrón no momento axeito expresa máisl que mil palabras ben soantes.

 
At 25/03/2008, 19:00 , Blogger asbeirasdoarnego said...

eu comparto con peke, unhas palabras ben ditas no momento valen moito máis que 99999999999999 ditas cando non se debe. Apretas.
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

 
At 25/03/2008, 19:11 , Anonymous paidovento said...

Pois seguro que así espabilan, joder, que debe estar o tío ata os collóns de que non lle fagan nin puto caso, cagondiós.

 
At 25/03/2008, 20:49 , Blogger Ronsel said...

Grazas pola visita

 
At 25/03/2008, 23:39 , Blogger abueloscrisytoño said...

¡Si señor! tiene razón el hombre, no le haceis ni p. caso.

 
At 26/03/2008, 00:28 , Blogger torredebabel said...

cáeme ben a ousadía dos mal falados, dos que se ciscan "na corte celestial". De nena, admiraba segredamente ao meu avó que se cagaba en deus espertando o terror da miña avóa que inmediatamente imploraba perdón a todos os santos (e ao mismísimo deus, claro) antes de que o raio que ía partilos caise. O raio non caiu nunca, por certo. Pero á miña avoa unha chea de raios nun serán porteño sementoulle un infarto do que non soubo sair.

 
At 26/03/2008, 14:22 , Blogger Ana said...

Hola
Por lo que contas,apesar de mal hablado parece ser boa pesoa.Ademais de gracioso,parece que lo estoy viendo leer ese cartel : Cuidado joder....
Bicos chuliño

 
At 26/03/2008, 18:45 , Blogger Mer said...

jajaja, eu tamén fago deses carteis e vou pegando post-it en todo o que se pon por diante

O manitas, a ver se é quén de remendar o seu vocabulario, ou polo menos intentalo.

Unha apertiña.

 
At 26/03/2008, 19:22 , Blogger Rifo I de Zeuquirne said...

Eu coñezo algúns que tamén acompañan o seu traballo deste vocabulario, que as veces resulta de tanta axuda, para dar feito as cousas cando se poñen duras. E quen non?
Apertas.

 
At 26/03/2008, 19:56 , Blogger Suso Lista said...

Este é o mundo que nos tocou vivir, je je.

 
At 26/03/2008, 21:12 , Anonymous Pablo said...

Pois máis claro aujiña do jrifo! Para que decir por favor ou jracias cando temos a palabra comodín que vale para todo? Joder xa!!

 
At 26/03/2008, 22:37 , Blogger elvira carvalho said...

Deixando um pedido de desculpas pela ausência.
Um abraço

 
At 27/03/2008, 10:26 , Blogger rifenha said...

Quando meu sobrinho Santi era pequeno, un dia diz-lhe ao meu pai:
-Avó, que gana tenho de ser grande!
-Para que, meu neno?
-Para poder dizer:" Mecagho em dios!"

 
At 29/03/2008, 23:22 , Blogger paideleo said...

chousa da alcandra: pois non sei que che diga. Teño as miñas dúbidas.
busto.agolada: o de joder case é unha fineza comparado co que di cando lle sae algo mal nunha reparación.
f.miguez: parece que vai a máis isto.
peke: os palabróns ben usados non teñen defecto. Soltalos así coma si fan perder o seu valor.
asbeirasdoarnego: si, todo ten o seu momento e fóra daí está de máis.
paidovento: hei, fáltouche cagarte na Virgen !.
ronsel: foi un pracer.
abueloscrisytoño: se non lle facemos caso polas boas, farémosllo por coll....
torredebabel: hai xente que os solta con naturalidade e outra xente incapaz de semellante acto impuro.
ana: é mui bó compañeiro e mui traballador e é meticuloso no seu traballo anque teña que ciscarse en todo o que se menea.
Eu non puiden evitar facer a foto do cartel pola súa contundencia.
mer: pois esa palabrota queda aí mui ben.
rifo i de zeuquirne: cando me saen mal as cousas a min tamén solto deses palabróns. Axudar non axudan pero queda o corpo tranquilo.
suso lista: si, o mundo das películas é un chisco distinto.
pablo: tés razón. Sacas o joder e pós o que dis e xa perde contundencia a frase.
elvira carbalho: acéitanse anque non haxa que pedilas.
rifenha: eu de pequeno dicía me cago en diola e cando cumplín os quince anos xa me mirei o suficiente maior como para usar o palabrón real, puro e duro.

Pois nada, joder, que quedo abrumado polos comentarios e que un palabrón ben usado ten a súa valía.

 
At 06/04/2008, 11:50 , Anonymous Paquito de Penas said...

¡Ai meu deus con minúscula!...eu que tiven que escribir mil veces non se debe blasfemar por dicir "mecajunnindiola"
¡que inxusticia máis grande!

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home