leoeosseus

Saturday, 2 February 2008

Xogo da ola

Estamos de cheo nas festas do entruido que por Vilaguindastre se celebran case do mesmo xeito que calquera cidade ou vila galega. Hai pregón, desfile de comparsas e actuación desas comparsas. A música brasileira retumba na megafonía e vese xente disfrazada con disfraces mercados. Vamos, o típico agora.




Pero se hai algo distinto en Vilaguindastre é o xogo da ola. Neste xogo participan seis ou máis xogadores en roda. Ademáis hai unha madriña e un árbitro. O xogo consiste en ir lanzando unha ola de xogador a xogador e sen que escache. Se escacha a ola o xogador culpable paga unha multa e bebe viño. Así ata que se rompen tódalas olas.
Neste xogo a madriña é a encarregada de pór as olas en xogo, cobrar as multas, dar viño e pedir cartos entre o público.




En canto ao árbitro dicir que está enriba dunha escada adornada con mimosas, leva un asubío e un chocallo e ten a cara enfeluxada como os xogadores. Ten mando sobre todos ( ás veces ) e dálle a gracia ao xogo coas súas multas sen ton nin son, as multas que fai pagar ao espectador que lle pete por calquera parvada ou cando obriga a beber viño. De cando en vez pide tempo morto para beberen todos e ao final acaba peneque máis dun. Xa no remate acaban co viño que quede e cos cartos xuntados fan unha cea para todos.





Labels: ,

17 Comments:

At 03/02/2008, 04:43 , Anonymous paidovento said...

En Xinzo de Limia celébrase o "domingo oleiro". Polo que teño visto na tele o xogo vén sendo o mesmo. Habería que comprobar se as normas tamén, aínda que supoño que os participantes acabarán igual: peneques.

 
At 03/02/2008, 13:30 , Blogger Ana said...

Pasate por mi blog,te dejé algo.

Biquiños

 
At 03/02/2008, 16:15 , Anonymous peke said...

Non lembro ter escoitado nunca o das olas. O que hai que ver.

 
At 03/02/2008, 16:24 , Blogger Ana said...

Que bon o xogo, me gostaría ver como xogais,salides a mitad xa un pouco bebidos,non??jejeje
Me gusta estos xogos de antes!


Ah, verdad, o premio non es inmerecido.

Biquiños

 
At 03/02/2008, 20:29 , Anonymous manel vazquez said...

recordame un pouco, aínda que sen comparación, ó xogo que fan os políticos durante a campaña electoral.

 
At 03/02/2008, 21:12 , Anonymous jan said...

Da mágoa ver como mudan os bos costumes, os traxes non se fan, mércanse e o consumo que o invade todo, vence á imaxinación...Globalización que lle chaman,non é?

É un pracer ver que aínda se conservan algúns costumes, como o da ola!

 
At 03/02/2008, 21:30 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Eu tampouco oira de tal xogo. En todo caso hai sempre un nexo común: a farra e mailo viño.

Antigamente tivo moita sona en Antas o Entroido de Casa de Naia. Esta é unha parroquia do concello de Antas de Ulla, que facía partícipes a todos os veciños no seu carnaval.

 
At 04/02/2008, 01:37 , Blogger elvira carvalho said...

Interessante esse jogo. Me parece que quando o jogo acabar, andarão alguns aos esses...eheheheh.
E Leo, está gostando do Carnaval, e das mascaras. Ou tem medo?
Um abraço

 
At 04/02/2008, 01:45 , Blogger elfiña dos soños said...

Boas!
Vaia xogo eu tamén quero. Este ano coincidiume o entroido en Cádiz. Precioso.
Tamén quero avisar de que vou comezar outro blog, ca compaña dunha amiga, asique aínda que estén castelán espero que pases. É de música e proximamente falarei das charangas dos carnavais que vivin este ano.
grazas x axudarme co meu problemilla do meu blogge.

 
At 04/02/2008, 11:47 , Blogger busto.agolada said...

É gratificante comprobar como para gozar da vida cómpren moi poucos medios: compañía, imaxinación e ganas de pasalo ben, con viño (ou sen el), con público...ou sen el e unhas olas.
A foto da tenda de abaixo non ten desperdicio. Case ten de todo. Onde eu vivo e nos arredores non hai tenda semllante. É máis, non coñezo ningunha semellante.

 
At 04/02/2008, 12:57 , Blogger vermella said...

Orixinal xogo que non coñecía,por certo a tenda da fotografía que é Unha condonería?,como diría miña avoa: nos días da miña vida ..........
bicos

 
At 04/02/2008, 15:03 , Blogger A lareira de Santiso said...

impresionante o conxunto entre o xogo da ola e a tenda. Seguro que o paideleo non contaba con tanto fan da súa tenda, pero todo un éxito, eh! xa ves! O da ola non ten desperdicio

 
At 04/02/2008, 19:53 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Pois sí que ten "miga" o da tenda, si. Es de Lencería, Picardías e + de 18...

 
At 04/02/2008, 21:32 , Blogger oko said...

na miña vida oíra falar dese xogo!

 
At 04/02/2008, 22:01 , Blogger Fada Branca said...

vaia xogo ese

 
At 04/02/2008, 22:10 , Blogger Suso Lista said...

Curioso xogo, calquera ano de estes apúntome.,

 
At 04/02/2008, 22:38 , Blogger paideleo said...

Non me fixara eu no contraste que fai o xogo tradicional da ola coa tenda de trapalladiñas sexys.

Graciñas polas vosas palabras.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home