leoeosseus

Tuesday, 26 February 2008

Veighiñas





Ten razón Vanessa cando di que hai que tratar de conservar o que nos vén de antes. E seguindo o seu consello eu onte cortei as uñas porque din que hai que cortalas nun día que non teña " s", ou sexa domingo, para que non se levanten as peles arredor da uña. Tamén lembrei a expresión " mirarlle o cu á curuxa " co significado de " coller medo " e hoxe aprendín unha xogueta que se lle fai a un neno: tocánselle as meixelas e pregúntaselle " De quen son estas veighiñas ? " e cando di " Son miñas " tíraselle do nariz e díselle " Entón que fai este marco no medio ? ".

E aquí queda anotado para a posteriedade...

Labels: ,

12 Comments:

At 26/02/2008, 09:06 , Anonymous Anonymous said...

Iso lémbrame esoutro xogo que se fai aos nenos na cara, tocándolle cada unha das partes mencionadas: "Este queixo, queixolán; esta boca, pide pan; este naris, narisete; este ollo, revirete; este, seu irmán; arrícate gavilán" (e nese momento cólleselle o nariz entre dous dedos e tíraselle del). E mesmo se pode deixar o dedo polgar entre o furabolos e o pai de todos e dicirlle: onde está o teu nariz?. Eva

 
At 26/02/2008, 14:48 , Blogger Ana said...

É a primeira vez que escoito o das uñas, ...por iso sempre me saen peles...


Bicos

 
At 26/02/2008, 16:14 , Blogger abueloscrisytoño said...

Tomaremos nota do das uñas

 
At 26/02/2008, 17:20 , Blogger A lareira de Santiso said...

Que curioso. A min sempre me dixeron que cortase as unllas un día que non tivese "r" (!!!)
Saúdos

 
At 26/02/2008, 22:29 , Blogger busto.agolada said...

E a min dicíanme que había que cortalas con tres S: un Sábado, a Soas e á Sombra.
Velaí a variedade. Conclusión: cortalas cando sexa preciso.
Saúdos.

 
At 27/02/2008, 10:11 , Anonymous peke said...

Non sabía tampouco eu o das uñas.

 
At 27/02/2008, 19:52 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Pois eu tamén tiña entendido que era en días sen "r".

 
At 27/02/2008, 20:28 , Blogger Ana said...

Hola
son eu outra vez...mi suegra tambem me dixo que e con o r...
jeje,a ver en que quedamos,xa non sei que día cortar as uñas.

bicos

 
At 27/02/2008, 21:48 , Blogger torredebabel said...

pois non sabia nada destas cousas e agora marcho deste recanto mais sabia e divertida. Apertísimas!

 
At 27/02/2008, 22:22 , Blogger eNmEiGaDa said...

Non sabía do das uñas nin do da canción, pero si na que sae no primeiro comentario do post, así dicíame sempre o meu avo e eu sempre ia na procura dun espello a mirar se tiña o nariz ou non, e a segunda vez que mo facía, aínda que non quería creerllo apalpabamo para comprobar que aínda seguía no seu lugar. un saúdo ;)

 
At 27/02/2008, 23:28 , Anonymous jan said...

Eu nunca escoitara tampouco o das unllas...

Que feitas as veighiñas do Leo, dan gañas de comerllas...

 
At 01/03/2008, 00:38 , Blogger paideleo said...

eva: eu escribín hai un tempo a versión que coñezo e que lle canto ao Leo
http://leoeosseus.blogspot.com/2006/10/co-nacemento-de-leo-aprndense-cousas.html
ana: sempre estamos aprendendo.
abueloscrisytoño: con probar nada se perde, verdade ?.
a lareira de santiso: eu tiña as miñas dúbidas pero preguntei e son os días sen "s".
busto.agolada: xa vexo que hai variedade e a que coñeces é ben curiosa.
peke: tranquila que eu aprendino ben tarde tamén.
chousa da alcandra: dígoche o mesmo que a lareira de santiso.
ana: parece que está mui extendida a versión anti "r". Terás que probar anque o domingo vale para ambos casos.
torredebabel: alédome que aprendas e que te divirtas. Volve sempre que queiras.
enmeigada: que sorte desfrutar desas cousas, eh ?.
jan: eu aprendino tarde pero non quero ser o único en sabelo así que o publico na rede.
Eu comer non llas como pero gañas tamén teño.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home