leoeosseus

Thursday, 21 February 2008

O Quixote



Pois sigo con cans. Nesta foto está o can que chamo eu " O Quixote ". Este can é de Arbo e descubrín hai pouco que é fillo da Pitusa, unha cadela que tiñan os bisavós de Leo. Este can é un fervellico e seguro que caza ben como a nai. Non creo que sexa de raza pero é parecido ao podengo galego. A foto foi en branco e negro por despiste pero quedou ben, non ?.

Labels:

10 Comments:

At 21/02/2008, 00:48 , Blogger Torreira said...

Ten un algo de podenco aristocrático con palleiro de pedigree.Apertas pai

 
At 21/02/2008, 12:12 , Blogger Mer said...

Carai! Menuda postura! Mesmo parece un modelo acostumado a posar para as fotos.

Usei o vínculo a Pitusa, post que non lera. Os meus avós tiñan un can que se chamaba Bobi. Morreu de vello aos 18 anos. A miña tía moito chorou. Era un can palleiro, moi boíño, que tódalas mañás toma café con coñac co meu avó, se o café non tiña coñac non o quería, jaja, o soberano de toda a vida, eh?

 
At 21/02/2008, 15:43 , Blogger Ana said...

Sí que quedou ben, e o can ten unha pose de modelo,como ben dixe Mer.

Bicos

 
At 21/02/2008, 16:08 , Anonymous Chelin said...

Penso que acertaches de cheo co nome..
Biquiños.

 
At 21/02/2008, 17:43 , Anonymous asbeirasdoarnego said...

ola eu tamén son de agolada e no meu blog tamén escribo sobre o pobo. o de busto xa o coñecía, son un amigo do blog d´Agolada bueno por se che interesa o meu blog é: www.asbeirasdoarnego.blogspot.com
deberías poñer o teu blog en castellano, só é un consello. bueno espero que che guste e que algún día veñas por aquí. Agolada

 
At 21/02/2008, 20:47 , Anonymous peke said...

Que pinta de chuliño!

 
At 21/02/2008, 21:11 , Anonymous dagolada said...

Que can máis chulo, en non sei porque a xente compra cans de raza, onde se poñan os de palleiro...
Por certo, bonito artigo. Se queres leer sobre o meu pobo, AGolada, visita : www.dagolada.blogspot.com

 
At 21/02/2008, 22:51 , Blogger Suso Lista said...

Nin de coña poñas o blog en Castelan, que use o traductor. Manda carallo, tal como están as cousas...

 
At 22/02/2008, 00:03 , Blogger busto.agolada said...

Este é máis oufano que o anterior. Saiuche guapo na foto. Eu de razas pouco entendo, pero aprezo a súa estética.
Saúdos.

 
At 25/02/2008, 21:14 , Blogger torredebabel said...

pois si, quedou estupenda e o modelo é guapo guapo.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home