leoeosseus

Friday, 15 February 2008

Humanadas


Hoxe mirei nas novas da televisión que apareceran mortas unhas eguas pola capital da arte rupestre de Galicia. Eu chamo " humanadas " ás cousas malas que lle facemos aos animais como matalos a tiros ou a coiteladas no monte.
Na foto están uns " pochincos " nun curro do concello de Gondomar xa hai anos. Por alí chámanlle pochincos aos cabalos de monte.

E como nota alegre deixo unha ligazón a un experimento que lle fixeron a un chimpancé no que demostra que é capaz de sacar un cacahuete do fundo dunha probeta sen ferramenta pero con intelixencia. Descubrino gracias a F. Míguez.

Labels: , ,

9 Comments:

At 16/02/2008, 01:44 , Anonymous paidovento said...

Xenial o do mono.

 
At 16/02/2008, 11:08 , Blogger busto.agolada said...

Os que causan dano gratuítamente aos animais son verdadeiros desalmados. Eu xa hai moito tempo que me decatei de que os humanos somos a peor (tamén a mellor) especie que poboa a Terra. Somos quen de destruír o planeta, dos poucos que matamos aos nosos semellantes, ás veces por puro pracer. O Holocausto nazi pode ser o máximo expoñente da degradación dos humanos. "Humanadas" como ben denominas.
Tamén somos capaces do mellor. ¿por que esta dicotomía tan extrema?
Saúdos.

 
At 16/02/2008, 12:24 , Blogger Nébeda said...

se ó final... non hai maior animal ca nós.

 
At 16/02/2008, 15:27 , Blogger Marinha de Allegue said...

Humanada é unha palabra ben peculiar...

Unha aperta.
:)

 
At 16/02/2008, 17:00 , Blogger Ana said...

Ola

Calquera que fai dano a un animal, tamén o fará a unha persoa. Non como cualificar ese tipo de xente,"animais"?

Besitos

 
At 16/02/2008, 20:36 , Blogger elvira carvalho said...

Pois amigo nada pior do que o homem, sobre o planeta. Só ele MATA por prazer. Todos os outros animais matam por necessidade. Para matar a fome, para perpétuar a espécie. O homem, envenena até o ar que respira e a água que bebe.
Um abraço e bom Domingo

 
At 18/02/2008, 22:03 , Blogger torredebabel said...

pois o de humanada non está nada mal. Se se pode, quixera adoptala, ainda que non lle coñezo os trámites a facer para a adopción de verbas ;-))

 
At 19/02/2008, 14:39 , Anonymous F. Miguez said...

Eu concordo con Ana. Calquera cabrón capaz de desfrutar co sufrimento dun animal faríalle dano tamén a unha persoa si puidese. Deus nos poña en mans do lobo antes que en man de un tipo capaz de facerlle dano a un animal sen necesidade.

 
At 21/02/2008, 01:17 , Blogger paideleo said...

paidovento: eu rin co vídeo un cacho.
busto.agolada: somos unha praga e de cada vez facémolo pior e pior.
Seremos bós ou malos por interés que parece que temos a virtude do raciocinio só para os nosos intereses.
nébeda: dende o momento que nos cremos superiores e con poder sobre os demáis...
marinha de allegue: se animalada é o que fai un animal, logo humana será o que fai un humano.
ana: hai de todo. Sei de xente que maltrata animais e logo son cariñosos coa xente e hai o caso contrario tamén. Enfin, hai de todo.
elvira carvalho: tés razón en todo o que dis. E non aprenderemos nunca ?.
torredebabel: adiante coa adopción pero gustaríame máis que non houbese que usala nunca máis.
f.miguez: pódese esperar de todo, está claro.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home