leoeosseus

Thursday, 14 February 2008

Día dos Namorados



Hoxe é o día marcado pola nosa sociedade para demostrar cun agasallo que queremos a unha persoa. No canto de agasallos sempre hai probas para mostrar ese amor. Na foto hai unha mostra de amor que me resultou curiosa e ata un chisco falsa. Un deles di " Te amo " e engade " Lo juro ". Non sei pero escribir unha data e facer o corazón cun rotulador non semella mui romántico e teño curiosidade por saber se hoxe seguen xuntos.

Con respecto á boa nova dicir que ten que ver coa miña saúde e non cun hipotético irmán para Leo. Non sería unha mala nova pero non é este o caso.

Desfruta do San Valentín.

Labels:

10 Comments:

At 14/02/2008, 23:04 , Blogger elvira carvalho said...

Pois amigo, eu penso que bom mesmo é um casal que faz da sua relação de amor um dia de namorados a cada novo dia da sua relação. Namorar um dia só no ano, não é nada nem pra mim que já sou velha.
Chamou-me a atenção o dizer que a boa nova tem a ver com a sua saúde e não com um mano para o Leo. Quer isso dizer que o amigo esteve doente? Nada grave, suponho. De qualquer modo votos de rápida recuperação.
Um abraço e bjinho para o Leo

 
At 15/02/2008, 08:55 , Blogger Ana said...

Ola

Alégrome mais, xa que se son boas novas con respecto a saúde, significa que non andabas moi ben.Espero que agora lestes mellor.

O da irmá para Leo, tan pouco vén de mais,eh?

Bicos guapo

 
At 15/02/2008, 10:23 , Blogger Veloso said...

Alégrome de que a saúde ande ben. É o único verdadeiramente fundamental. Saúdos.

 
At 15/02/2008, 11:44 , Blogger Fada Branca said...

Norboa por esta mellor. A mín regalaronme un colgante, non me fixo ilusión por ser no día do namorados, so que é o prímeiro regalo que me fai esta persoa

 
At 15/02/2008, 15:00 , Blogger Mariola said...

Azos novos para a saúde recuperada, ou en camiño de recuperar.

San Valentín é peor que Nadal, para min.

Beijos e coidados.

 
At 15/02/2008, 16:57 , Blogger busto.agolada said...

Non sabía que tiveses problemas de saúde. Se xa está recuperada, noraboa. O San Valentín é prescindible, a saúde non.
Apertas.

 
At 15/02/2008, 18:23 , Blogger torredebabel said...

paideleo, contanos mellor qué é o que pasa coa tua saude, vale? Apertas!

 
At 15/02/2008, 18:24 , Blogger vermella said...

a mín o día dos namorados cabreame moito,todos os xoves merco flores para a casa e onte quixeronme cobrar seis euros máis que de costume,consumismo puro,ley de oferta.
alegrome que esté ben de saúde,eso é unha boa noticia.
bicos.

 
At 15/02/2008, 19:29 , Blogger Suso Lista said...

Pois o rotulador ainda se borra, habería que mirar se o tatuou. Alégrome qte teñas unha boa salú

 
At 16/02/2008, 01:41 , Anonymous paidovento said...

Seguimos intrigados. Mándanos un correo.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home